Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Europa volve apostar polo modelo de mobilidade da Deputación con novos recursos para mellorar o camiño escolar ao CEP Pedro Caselles de Tomiño

As obras, que xa se están a executar na EP-3102, reciben preto de 240.000 euros de Europa para impulsar a seguranza viaria nun tramo moi concorrido pola cidadanía de Tomiño

As obras, que xa se están a executar na EP-3102, reciben preto de 240.000 euros de Europa para impulsar a seguranza viaria nun tramo moi concorrido pola cidadanía de Tomiño

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Febrero de 2023

Fuente: Deputación de Pontevedra

Carmela Silva: “Estes recursos, proba de que os fondos europeos están chegando tanto a Galicia como á provincia máis do que poderíamos soñar, e revalidan o noso modelo que nos ten convertido xa na gran referencia de Galicia e do Estado”

 

A Deputación mellorará a mobilidade peonil no camiño escolar da EP-3102 ao CEP Pedro Caselles, no concello de Tomiño, cunha nova achega do IDAE de 239.444 euros a través do Programa DUS 5000 de axudas para inversión a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico, financiado con fondos NextGeneration EU. As obras, que xa se están a executar na EP-3102, están a permitir impulsar a seguranza viaria nun tramo moi concorrido pola cidadanía de Tomiño, xa que amais do centro escolar tamén da acceso á igrexa e ao cemiterio. Estes recursos, “proba de que os fondos europeos están chegando tanto a Galicia como á provincia, máis incluso do que poderíamos soñar” e revalidan, tal e como subliñou Carmela Silva, “o noso modelo de mobilidade centrada nas persoas, na mellora da eficiencia enerxética e na recuperación do espazo público, que nos ten convertido xa na gran referencia de Galicia e do Estado”.

 

A achega do IDAE cobre o 85% do orzamento total da obra de 286.235 euros, de tal maneira que Deputación e Concello, “que facían toda a achega para recuperar este espazo público”, tan só teñan que aportar 32.754 e 14.037 euros, respectivamente, o que permitirá, asegurou Carmela Silva, “dispoñer de recursos para dedicar a outras obras”. A actuación, que xa está en marcha con máis da metade executada, abrangue un tramo de 400 metros desta estrada provincial, concretamente os comprendidos entre o CEP Pedro Caselles e a intersección coa Avenida Baixo Miño.

 

A obra de mellora inclúe a construción dunha senda peonil de 3,78 metros, mentres que a sección da calzada, na que se reforzará o firme e se reporá a capa de rodadura, estará constituída por dous carrís, un en cada sentido, cun ancho de 3,2 metros e beiravías a ambos lados. Ademais, reordenarase o espazo na zona próxima á “Rotonda do Chepas”, actuando en toda a sección viaria, e continuando coa senda de 4,65 metros de ancho na marxe dereita. Tamén se disporá unha banda de aparcamento en liña de 2,6 metros de ancho.

 

Por outra parte, os traballos completaranse coa incorporación de elementos redutores de velocidade e a renovación da iluminación viaria, que incluirá novos puntos de luz con lámpadas led para mellorar a eficiencia enerxética, diminuíndo o consumo anual de enerxía final nun 23%, así como co drenaxe de pluviais. A maiores, engadirase máis vexetación á contorna cun novo arborado, soterraranse os servizos de alumeado, rede eléctrica e de telecomunicacións e reinstalaranse sinais verticais e horizontais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí