Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Evangelina Vila Albores -Leo-, recibe os seus 103 anos rodeada do cariño da súa familia e das súas coidadoras

Na residencia onde vive, na parroquia de Sobrada, agasalláronlla con festa, tarta e un mural feito polos seus compañeiros e compañeiras

Na residencia onde vive, na parroquia de Sobrada, agasalláronlla con festa, tarta e un mural feito polos seus compañeiros e compañeiras

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Na residencia de maiores situada en Torrón (parroquia de Sobrada. Tomiño) o día de hoxe espertou diferente. As coidadoras e a directora, Inés Solleiro, afanábanse para que todo estivera apunto para a celebración da máis lonxeva das residentes: Evangelina Vila Albores “Leo”, cumpre nada menos que 103 anos.

Muller de carácter e nun envexable estado de saúde para a súa idade, recibía onte ao mediodía a visita da concelleira de Benestar, Cristina Martínez, que quixo agasallala cun ramo de flores e unha peza de cerámica de Sargadelos. Sentada diante dun colorido mural conmemorativo cheo de mans pintadas, flores de papel e de frases simpáticas e divertidas dos seus compañeiros e compañeiras, responde, pausada, as preguntas que lle fan sobre o seu pasado e presente. “En Tomiño temos unha ducia de persoas centenarias –comenta a concelleira- e para nos é unha alegría poder velas e conversar con elas; aprender da súa experiencia”.

Nada en San Miguel de Oia traballou no campo e tiña un muiño coa súa familia. Pola tarde virán os seus dous fillos, Ramón e Clemente, a pasar con ela unhas horas, igual que os seus netos e netas e a súa nora Marina.

No centro residencial, creado no 2019 no lugar de Torrón, Leo observa o día soleado e agarda polos seus con tranquilidade, e ás persoas que se achegan para darlle os parabéns e desexarlle máis anos de vida, regálalles un “vaian con Deus” ou un “oxalá así sexa”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí