Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Excepcional acollida aos -bosques terapéuticos- que xa teñen esgotadas as prazas para as seis visitas de xuño a espazos naturais da provincia

O programa da Deputación de Pontevedra, que xa ten lista de agarda para todas estas rutas, arranca esta fin de semana cos itinerarios guiados polos Salóns do Lérez en Pontevedra o día 12 e polo Parque do Monte Aloia de Tui o día 13

O programa da Deputación de Pontevedra, que xa ten lista de agarda para todas estas rutas, arranca esta fin de semana cos itinerarios guiados polos Salóns do Lérez en Pontevedra o día 12 e polo Parque do Monte Aloia de Tui o día 13

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Junio de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

A partir do día 21 abrirase o prazo de inscrición para as 14 visitas programadas en xullo

 

As rutas guiadas polos “Bosques Terapéuticos” da provincia, que organiza a Deputación de Pontevedra, volven con forza esta vindeira fin de semana e coa mesma excepcional acollida que na súa primeira edición. Deste xeito, as seis visitas que o programa provincial ofrece este mes de xuño para que as persoas da provincia poidan darse os “baños de bosque” en distintos espazos naturais do territorio xa teñen as súas 90 prazas esgotadas e hai outras tantas persoas en lista de agarda.

 

Os Salóns do Lérez, en Pontevedra, unha das novidades nos itinerarios deste 2021, serán este sábado 12 de xuño o primeiro dos espazos a visitar nestas rutas que unen medio ambiente e interpretación do patrimonio a través dunha actividade integral e participativa, que prima a propia experiencia das persoas coa natureza. A visita partirá da ponte das Palabras en Monte Porreiro (Pontevedra) e seguirá  a senda do Lérez para visitar a zona dos Salóns, que se atopa entre os espazos naturais protexidos pola Rede Natura 2000.

 

A sesión, dirixida ao público en xeral, durará entre hora e media e dúas horas, e está convocada ás 10 da mañá, ao igual que o resto, polas especiais características de procura de tranquilidade e conexión coa contorna. Fomentarase o uso dos sentidos favorecendo, por exemplo, a percepción de diversas texturas ou cheiros na natureza, sempre coa premisa da conservación e do escrupuloso respecto as medidas sanitarias actuais. As persoas participantes deberán gardar as normas de silencio e de respecto ao grupo, á actividade e ao espazo, indicadas pola persoa guía e en todo momento se manterá a distancia física recomendada e será obrigatoria a máscara, de acordo á normativa sanitaria vixente.  

 

O domingo 13 de xuño as persoas participantes visitarán o Parque Natural do Monte Aloia, no concello de Tui. Integrado na Serra do Galiñeiro, o Monte Aloia ten preto de dez quilómetros de sendas nunha paisaxe singular e é o resultado dunha repoboación realizada hai 100 anos con cipreses, abetos e cedros do Líbano. Declarado Parque Natural en 1978, o primeiro de Galicia, o Monte Aloia é unha auténtica atalaia a 700 m de altura con 5 miradoiros e extraordinarias vistas sobre o río Miño. No monte hai restos prehistóricos e romanos e a súa historia está rodeada de lendas.

 

Posteriormente, están programadas e xa completas as rutas dos “Bosques Terapéuticos” polo Espazo Natural Arco da Vella (Vigo), o 19 de xuño; o Espazo Natural de Cabo Udra (Bueu), o día 20; a Ruta da Pedra e da Auga (Meis) o día 26 e a ruta polo Bosque da Picaraña en Ponteareas o día 27.

 

Rutas de xullo

O día 21 deste mes a Deputación volverá abrir o prazo de inscrición para as vindeiras 14 rutas que se desenvolverán no mes de xullo e que abranguerán os nove espazos naturais elixidos este ano. Amais dos seis citados, figuran tamén o Sendeiro Azul do río Verdugo (Ponte Caldelas), a Senda de Almofrei (Cerdedo-Cotobade) e a Fraga de Catasós (Lalín). O calendario está dispoñible na web da institución provincial (www.depo.gal) e as persoas interesadas en participar deberán cubrir a partir desa xornada o formulario, tamén á súa disposición na páxina web.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí