Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Éxito rotundo das Festas do Outono do Pilar no Rosal, cunha fin de semana chea de cultura, memoria e comunidade

As Festas do Outono do Pilar reuniron durante toda a fin de semana a centos de veciños e visitantes nun programa que combinou música tradicional, patrimonio, feira de produtos locais e actividades familiares, reforzando o espírito comunitario do Rosal.

As Festas do Outono do Pilar reuniron durante toda a fin de semana a centos de veciños e visitantes nun programa que combinou música tradicional, patrimonio, feira de produtos locais e actividades familiares, reforzando o espírito comunitario do Rosal.

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Octubre de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O Concello do Rosal viviu unha fin de semana de celebración, identidade e tradición coa nova edición das Festas do Outono do Pilar, que encheron o centro da vila de vida, música e memoria colectiva. Durante dous días, centos de rosaleiros e rosaleiras participaron nun programa variado que combinou patrimonio, cultura e produto local, reafirmando o vínculo da veciñanza coa súa historia e co territorio.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destacou “a enorme resposta da veciñanza e o orgullo de ver como o pobo se implica cada ano máis nestas festas que manteñen viva a nosa memoria colectiva”. Engadiu ademais que “as Festas do Outono do Pilar son moito máis ca unha cita cultural: son unha expresión de comunidade, de recoñecemento ás nosas raíces e de compromiso co futuro”.

O programa comezou coa observación nocturna do ceo da man de Galicia Suroeste, continuando coas Xornadas do Patrimonio, nas que o investigador Manuel Lara Coira impartiu unha charla sobre as instalacións industriais en Galicia e a súa relevancia como patrimonio cultural, tomando como referencia o patrimonio industrial rosaleiro.

Un dos momentos máis esperados foi a Feira de Produtos do Rosal, que celebrou a súa cuarta edición consolidándose como un escaparate do mellor da produción local. Pan, doces, viños, aceites e outros produtos artesáns fixeron as delicias do público, nun ambiente festivo acompañado de música, xamón, polbo, gofres e sesión vermú.

A música tradicional tivo tamén un papel protagonista co Memorial Irmáns Flores, organizado pola Asociación de Gaiteiros da Xistra, no que participaron os grupos Airiños do Cereixo (O Rosal), Traspés (Vigo) e Alvariza (Teo). O son das gaitas e percusións encheu as rúas evocando o espírito das antigas murgas rosaleiras, unha das manifestacións culturais máis queridas da vila.

Non faltou tampouco a tradicional demostración dos cabaqueiros, que elaboraron tellas ao vivo na Praza do Calvario, nin o pregón e o espectáculo infantil que puxeron o broche final a unha fin de semana de convivencia e cultura popular.

Durante as festas, o público puido tamén visitar a exposición sobre o patrimonio inmaterial do río Miño, organizada pola AECT Río Minho, que permanecerá aberta na sala de exposicións do Concello ata o 26 de outubro, en horario de mañá.

Con esta edición, as Festas do Outono do Pilar confirman a súa posición como un dos eventos culturais máis emblemáticos do Rosal, un espazo de encontro que pon en valor o patrimonio, a tradición e o espírito comunitario da vila.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí