Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Exito rotundo na concentración do 29 maio na Guarda pola sanidade

A calidade deteriórase polas decisións que se toman desde a xerencia da área, a consellaría de Sanidade e a presidencia da Xunta.

A calidade deteriórase polas decisións que se toman desde a xerencia da área, a consellaría de Sanidade e a presidencia da Xunta.

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Mayo de 2021

Fuente: Plataforma Defensa da Sanidade Pública na Guarda

A calidade na atención sanitaria que recibe a poboación da Guarda vese deteriorada cada día, cada semana, cada mes que pasa. Non por falta de implicación do persoal do centro, non. Non por falta de dilixencia ou dedicación, tampouco. A calidade deteriórase polas decisións que se toman desde a xerencia da área, a consellaría de Sanidade e a presidencia da Xunta.

 

Estas son as instancias en que se decide que parte do orzamento investir en Atención Primaria. Canto á contratación de persoal, como distribuir os recursos. Como cubrir unha ausencia ou mesmo se cubrir esa ausencia. Como sabemos, ao longo do último ano e de maneira sistemática, as ausencias prolongadas, nomeadamente de persoal médico, non se están a cubrir no Centro de Saúde da Guarda.

 

Cantas persoas non se viron xa na situación de explicar cada día os seus problemas desde cero a unha cara nova? Cantos non teñen familiares con doenzas crónicas practicamente na desatención? Esa é a situación de milleiros de persoas nesta vila. A que se debe isto?

 

A realidade é que nun centro que debería estar dotado de 8 médicos de familia e 2 pediatras, nos últimos meses só estamos tendo como máximo 4 deses 8 médicos de familia, 1 desas 2 pediatras. Este persoal non só asume a atención de todos os seus doentes, listas de arredor de 1300 persoas, así como as súas urxencias. Tamén asume a atención urxente de todas as persoas que carecen, nestes momentos, dun médico de familia. Isto está a disparar as demoras na consecución dunha cita no Centro de Saúde, por riba dos 20 días de espera; e está a empeorar as condicións en que as profisionais poden atender e as persoas poden ser atendidas.

 

Así pois, non é un problema de falta de implicación. É un problema de falta de planificación por parte dos xestores do Sergas. É un cúmulo de decisións políticas, de recorte tras recorte, de anos de minado das bases do sistema público de saúde, de políticas discriminatorias cara as capas sociais máis desfavorecidas e as rexións xeográficas máis periféricas. Ese é o cerne da situación limite que vivimos na Guarda desde o punto de vista sanitario.

 

Desde a Plataforma pola Sanidade Pública da Guarda esiximos solucións XA á consellaría de Sanidade. Esiximos a dotación de forma estábel do persoal sanitario que o centro e a poboación da Guarda requeren. Non estamos dispostos a permitir quue se continúe a abandonar milleiros de persoas, a maltratar unha vila enteira. Non imos transixir co desmantelamento pinga a pinga do sistema de Atención Primaria, porque sen Atención Primaria non existe saúde pública.

 

Esta loita é común ás profesionais do centro e as persoas usuarias. As persoas que traballan no Centro de Saúde están vendo a súa saúde física e mental mermada, sacrificada para tratar de manter unha atención o máis digna posíbel nunhas condicións indignas. Porque a poboación é a que está a sofrer unha discriminación de carácter xeográfico e de carácter social, se temos en conta que as persoas máis desfavorecidas son precisamente as que máis precisan o sistema público de saúde. E porque a esa poboación e a súa correcta atención se debe o persoal do centro.

 

Non é casual que a Xunta, mediante insidias e medias verdades, trate de sementar a desconfianza entre usuarias e persoal sanitario, porque precisamente na unión destes dous segmentos na defensa dun sistema público digno, universal e de calidade, é onde os xestores da súa destrución ven o maior dos obstáculos para verificar os seus planos liquidadores. Todas as presentes recordarán que foi esa unión entre persoal e pacientes, e a unión de toda a vila de Verín, a que logrou gañar á Xunta o pulso por manter aberto o paritorio desa localidade. Ese é o medo que teñen os privatizadores.

 

Na defensa da sanidade pública e de calidade para a poboación guardesa, a Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda non vai dar un só paso atrás. Estamos dispostos a manter e incrementar as mobilizacións se a Xunta e a Consellería non dan un sinal de compromiso para solucionar a situación. Chamamos a toda a poboación da Guarda a participar deste movemento de protesta, porque a saúde é o que temos en xogo.

 

FEIJOO, ESCOITA, A GUARDA ESTÁ EN LOITA

 

SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí