Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Exposicións, contacontos e recital poético: programación completa do Mes da Biblioteca en Tui

O Concello de Tui organiza nove actividades especiais ao longo de outubro para celebrar o Día da Biblioteca, con contacontos, exposicións, presentacións literarias e recitais poéticos.

O Concello de Tui organiza nove actividades especiais ao longo de outubro para celebrar o Día da Biblioteca, con contacontos, exposicións, presentacións literarias e recitais poéticos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Octubre de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

A Biblioteca Municipal de Tui vén de presentar a programación do Mes da Biblioteca, que este ano inclúe nove actividades culturais con motivo da celebración do Día da Biblioteca o 24 de outubro.

Desde 1997, esta efeméride é impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, e co tempo sumáronse bibliotecas de todo o Estado. O lema elixido para 2025, “Contra a desinformación: bibliotecas”, pon en valor o papel esencial das bibliotecas públicas, escolares, universitarias e especializadas como espazos de acceso a información veraz e contrastada, fronte á desinformación. O cartel conmemorativo deste ano é obra da ilustradora Laura Wächter.

Actividades ao longo do mes

A programación deseñada pola Biblioteca Municipal abrangue propostas para diferentes públicos:

  • Exposicións:

    • “Tui en letras”, no Paseo da Corredoira, con oito poemas vinculados á cidade.

    • “Destino: unha peregrinación”, mostra fotográfica de Manuel Valcárcel (Afundación), na Sala Municipal de Exposicións, do 9 de outubro ao 9 de novembro.

  • Contacontos infantís (programa “Ler conta moito”):

    • Martes 7: “Viaxes e cancións dos ratos de Lonxedetodo” (Trinketrinke Teatro).

    • Martes 14: “Estás como unha cabra” (Lalá Teatro).

    • Martes 21: “O gato con contos” (Manuela Contacontos).

    • Venres 24: “A vez que vivín nun libro” (Lucía Aldao).

  • Presentación literaria: o sábado 18, ás 19.00 h, terá lugar a presentación da primeira novela do tudense Alfonso Fontenla Fernández, titulada “La metáfora de las canicas”.

  • Visita guiada: o mércores 8, ás 19.00 h, visita á biblioteca de cinema de Daniel Domínguez, conducida por Ángeles García, Ángel Sánchez e Pablo Comesaña (Play-Doc).

  • Recital poético: o sábado 25, ás 17.30 h, no Paseo da Corredoira, promovido polo escultor Diego Giráldez, arredor da escultura dedicada a D. Ricardo García.

Un espazo de proximidade

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, destacou que a programación do Mes da Biblioteca busca consolidar á Biblioteca Municipal como un espazo de proximidade e encontro coa cidadanía, facilitando o acceso á cultura, ao coñecemento e á información de maneira libre, gratuíta e inclusiva.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí