Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Feijóo avanza a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus

Anuncia a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-

Anuncia a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-

Fecha: 12 de Marzo de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus, seguindo os consellos dos expertos na materia.

Deste xeito, no eido educativo, anunciou a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-. "Se os pais e as nais teñen dificultades para organizarse, os centros van estar abertos mañá, pero a partir do luns, desde o punto de vista de aceptación de alumnos, quedarán pechados", explicou.

Así mesmo, están suspendidas as prácticas que realizan os alumnos dos graos en Ciencias da Saúde ou doutras titulacións e ciclos formativos, en calquera centro sanitario situado na Comunidade.

No ámbito de política social, o titular do Goberno galego informou do peche dos centros sociocomunitarios a partir de mañá. Ademais, da limitación das visitas aos residentes maiores de 70 anos ou con patoloxías cardíacas ou respiratorias previas; non aceptar visitas de persoas con síntomas respiratorios ou febre e de limitar a presenza de residentes en actividades en espazos pechados.

Sobre as actividades deportivas, Feijóo resaltou a suspensión da actividade do programa Xogade; e a suspensión ou celebración a porta pechada de todas as actividades deportivas, incluíndo as municipais, que conleven asistencia de público.

Así mesmo, lembrou que, onte mesmo, a Administración autonómica pediu ás federacións que toda competición deportiva oficial sexa disputada a porta pechada e incluso, sempre que sexa posible, suspendida ou aprazada.
Novas limitacións de aforo

No tocante a outras actividades, o responsable do Goberno galego anunciou novas limitacións de aforo: en recintos pechados con capacidade para máis de 50 persoas, limitarase a asistencia a un terzo do aforo. "É dicir, nun espazo, por exemplo, de 900 persoas, non poderán acceder máis de 300", abundou, recordando a suspensión de todas as actividades colectivas celebradas en espazos pechados que impliquen máis de 1.000 persoas; e, no caso de espazos abertos, limítase o aforo a 500 persoas.

Ademais, péchanse os museos, as bibliotecas e os arquivos xestionados pola Xunta de Galicia; "e recomendamos que se faga o mesmo neste tipo de recursos culturais xestionados por calquera entidade pública ou privada", dixo Feijóo.

En relación á Función Pública, salientou a aprobación dun protocolo de actuación para os empregados públicos da Xunta que, entre outros aspectos recolle: pautas e recomendacións, medidas de protección, a posibilidade de adoptar medidas de flexibilidade horaria, a posibilidade de poñer en marcha o teletraballo e a posible reorganización das quendas de traballo. Ademais, a suspensión na Casa de Galicia en Madrid de calquera actividade que aglutine grupos de persoas, como concertos, inauguracións ou conferencias.

No ámbito sanitario, ademais de limitar a unha persoa como acompañante do paciente durante a estadía no centro, suspéndense as visitas dos visitadores médicos e farmacéuticos e as actividades de voluntarios, e promoverase a e-consulta e a consulta telefónica.

Cómpre salientar tamén que, a maiores do material xa adquirido e anunciado no pasado Consello, hoxe o Consello da Xunta autorizou un convenio co Servizo Vasco de Saúde para subministro sucesivo de mascarillas a Galicia nos próximos tres meses.

"En definitiva, seguimos a traballar en todas as frontes para minimizar o impacto do coronavirus, e seguimos crendo que hai que actuar canto antes e con anticipación; o obxectivo é cortar as posibilidades de contaxio e iso só se fai prevendo e non esperando a que haxa unha incidencia superior", dixo, lembrando que, baixo este obxectivo, habilitouse un teléfono de información, o 900 400 116, para atender as dúbidas dos cidadáns, reforzouse o 061, contratáronse 60 novos profesionais e destináronse case dous millóns de euros á compra de material para os hospitais.
Reunión da Comisión Interdepartamental e encontros sectoriais

Logo de especificar que todas as medidas se publicarán mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG), Feijóo confirmou que esta mesma tarde volverá presidir a Comisión Interdepartamental, posta en marcha para coordinar a resposta da Xunta ante esta crise e ofrecer información puntual e recomendacións a toda a cidadanía, e na que hoxe tamén se analizarán as decisións adoptadas no Consello de Ministros.

Ademais, estanse xa a levar a cabo encontros sectoriais cos distintos colectivos -sindicatos e representantes empresariais, sector do turismo, Fegamp, federacións deportivas, reitores, directores de centros educativos e formacións políticas, entre outros-.

Durante a rolda de prensa, Feijóo tamén lembrou que, o vindeiro luns, manterá unha reunión cos responsables das distintas formacións políticas para analizar a evolución do coronavirus e para trasladarlles toda a información do que aconteza na reunión de presidentes autonómicos, prevista para o vindeiro sábado a través de videoconferencia.

O presidente da Xunta concluíu facendo un chamamento á cidadanía sobre a atención ás recomendacións. "Seguiremos en preaviso e en prealerta desde a máis estrita responsabilidade", aseverou, precisando que, ás 13,00 horas, os casos confirmados en Galicia son 35 e os casos pendentes de confirmación son 28.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones