Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

FERNANDO BUIDE PROTAGONIZA O RECITAL DE ÓRGANO DEDICADO AO PAI SALVADO Á MEDIA NOITE NA CATEDRAL A ESCURAS.

Obradoiro de xoguetes naturais na praza de San Fernando

Obradoiro de xoguetes naturais na praza de San Fernando

Fecha: 08 de Agosto de 2014

Fuente: www.musicanoclaustro.com

O venres 8, á media noite, coa Catedral iluminada pola Lúa chea entrando po­los diferentes rosetóns, Fernando Buide ofrécenos un intimista e emocionante recital de órgano en memoria ao bicentenario do nacemento do Pai Rosendo Salvado (Tui, 1814- Roma, 1900). Xunto a "Preludio e Fuga" do alemán J.S. Bach, a "Toccata da Natividade do Señor" do francés Olivier Messiaen, Buide recupera pentagramas orixinais do músico tudense do XIX, sobre os que crea unha inédita partitura na súa memoria.

Fernando Buide activo intérprete e creador, nado en Santiago de Compostela e Doc­tor en Música pola americana Yale University, cuxa laboura compo­sitiva ven de ser galardoada co VII Premio AEOS-BBVA, Fernando Buide protagoniza esta experiencia única e irrepetíbel.

E en homenaxe tamén ao Pai Salvado, antes do concerto, ás 22.30h o historiador tudense Suso Vila, realizará unha visita guiada, " O Tui de Rosendo Salvado", na que nos descubre o Tui que vivíu un dos maiores persoeiros da nosa cidade.

Tamén o venres ás 19h levarase a cabo o obradoiro de xoguetes naturais na praza de San Fernando, no que nenas e nenos a partir dos 5 anos poderán crear o seu propio xoguete con paus de madeira, follas, flores... Trátase dun forte compromiso coa defensa do medio ambiente, pero sobre todo un devezo profundo de recuperación e posta en valor do noso xoguete popular e tradicional. Animamos a que acudan os avós e as avoas para que poidan revivir xunto cos seus netos e netas como construír un guerreiro de landra, un gorro de follas de castiñeiro ou unha boneca de papoula.

Ademais ás 19h do venres terá lugar a mesa profesional "Séculos tocando madeira" para profesionais interesados no traballo da madeira. Así contaremos coa participación activa da Asociación de deseñadores gráficos e industriais de Galicia (DAG), co Colexio oficial de deco­radores e deseñadores de interior de Galicia (CODDIG), coa maior empresa madereira de Galicia, Finsa, cun representante da Catedral de Tui e cun restaurador de mobles e madeiras antigas e artesán tu­dense, para debater en torno ao deseño e usos da madeira ao longo dos séculos a partir da inspiración da Catedral.

CRECEMENTO ORGÁNICO DO FESTIVAL

  • Duplícase a programación musical durante a fin de semana, as exposicións e o apoio á creación artística.
  • Por primeira vez organiza obradoiros para público adulto e actividades específicas para os peregrinos.
  • Incrementa o apoio institucional e privado grazas á apartación de empresas galegas e profesionais independentes.
  • #tocamosmadeira. Nunha aposta pola visibilización da madeira como elemento clave na Catedral e na construción de instrumentos.
  • O festival suma oa apoio institucional un crecemento doo apoio privado que creceu máis dun 150% respecto de edicións anteriores grazas a colaboración de empresas como FINSA, JLMúsica, Dos Acordes, Fototeca Estudio-Taller e Porta da Pía Artesanía e unha ampla equipa de profesionais que inverten as súas horas de traballo en facer deste festival unha cita única.

AXEDA Venres 08

10h: Obradoiro de ourivería con Susi Gesto

 Claustro Gótico

19h: Obradoiro de xoguetes naturais

Praza de San Fernando

19h: Encontro profesional "Séculos tocando madeira"

Claustro gótico, xardíns e miradoiro

22:30h: Visita Guiada "O Tui de Rosendo Salvado"

Rúa Riomuiños

00:00h: Concerto de Fernando Buide

Catedral. Órgano.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones