Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Festa recreación histórica idade de ferro na Galiza

Domingo 22 de setembro no Campo de Chans en Camposancos - A Guarda

Domingo 22 de setembro no Campo de Chans en Camposancos - A Guarda

Fecha: 09 de Septiembre de 2019

Fuente: CMMC Camposancos

Desde a Comunidade de Montes de Camposancos temos o gusto de informar sobre a actividade que se vai celebrar o vindeiro día 22 de setembro en colaboración co Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim, no lugar denominado "Parque de Chans" de Camposancos.

A actividade consiste nunha recreación histórica con base no estudo de materiais arqueolóxicos, comúns entre a Galiza e o norte de Portugal, sobre a vida no poboado castrexo no momento da invasión romana, centrada nos labores cotiáns en relación coa producción metalúrxica, a cerámica, e outras actividades de subsistencia como a agricultura, a pesca e o aproveitamento dos recursos do medio. Nesta recreación toman parte 50 figurantes, integrantes do grupo de scouts da freguesía de Terroso, en Póvoa de Varzim, que interaccionarán co público asistente.

A dita recreación obedece ao resultado dunha recollida sistemática de documentación histórica e obxectos arqueolóxicos da denominada Cividade de Terroso, que xunto coa citania do Tegra forman dous importantes poboamentos castrexos do noroeste peninsular.

A dita recreación está dividida en dúas partes, cunha duración aproximada de 1 hora cada unha. A primeira parte terá lugar a partir das 15,30 horas ata as 17,00 horas, á que seguirá a actuación do grupo musical Cé Orquesta Pantasma co espectáculo "A Voar", especialmente pensado para o público infantil. A segunda parte da recreación terá lugar a partir das 18,00 horas, onde intervirá ademais o teatro de títeres do Museo Municipal da Póvoa de Varzim.

Ademais, durante toda a tarde haberá diferentes espazos no propio parque de Chans, onde as familias poderán desfrutar participando en actividades de xogo libre con brinquedos tradicionais, creación libre e espazos para a lectura e relax.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones