Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Festas de San Campio de Lonxe en Figueiró do 28 ao 31 de xullo

As festas na honra de San Campio de Lonxe de Figueiró celebraranse os días 28, 29, 30 e 31 de xullo

As festas na honra de San Campio de Lonxe de Figueiró celebraranse os días 28, 29, 30 e 31 de xullo

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Julio de 2022

Fuente: Redacción

A parroquia de Figueiró (Tomiño) celebra as festas na honra de San Campio de Lonxe os días 28, 29 30 e 31 de xullo. Durante as celebracións haberá verbenas coa actuación de diversas orquestas, así coma varios actos relixiosos.

PROGRAMACIÓN

28 de xullo

As festas comezarán o 28 de xullo có pregón de D. José Antonio Souto Pérez que virá seguido dunha verbena, a partir das 22:00h da noite, coa actuación do grupo Azar.

29 de xullo

O día 29, ás 8:00h da mañá, unha salva de bombas anunciará o comezo das festas e, a partir das 8:30h, a Treboada San Campio de Lonxe recorrerá todo o pobo.

Ás 12:00h terá lugar a Misa dos Enfermos para a bendición de enfermos. O remate será ás 21:00h, sendo o último día da Novena que xa comezou o 21 de xullo.

Pola noite, haberá unha gran verbena que estará a cargo das orquestas Los Players e Noche de Estrellas.

30 de xullo

O sábado 30 pola mañá, haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Música de Redondela.Tamén terán lugar varias misas: ás 8:00, 9:00, 10:45 e 11:30h. As 12:00h será a Misa Solemne con sermón e procesión. Pola tarde, seguirán as misas ás 17:00, 18:00 e 21:00h.

A partir das 19:00h da tarde, realizaranse as Poxas de Ofrenda e, pola noite, haberá unha gran verbena amenizada polas orquestas Galilea e Ritmo.

31 de xullo

O último día destas festas comezará pola mañá cun pasarrúas protagonizado pola Agrupación Musical do Rosal. Tamén pola mañá haberán misas ás 8:00, 9:00, 9:45, 10:45 e 11:30h. Ás 12:00h, será a Misa Solemne con sermón e procesión. Pola tarde, continuarán as misas ás 17:00, 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00h.

Pola noite, a verbena amenizada polo grupo Extra porá o punto e final a estas festividades.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí