Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

FESTAS NA HONRA DA VIRXE DA AGONÍA DO 20 Ó 21 DE AGOSTO DE 2011 EN AMORÍN-TOMIÑO

Do 20 ó 21 de Agosto de 2011 en Amorín-Tomiño

Fecha: 20 de Agosto de 2011

Fuente: Anuncio Público

FESTAS VIRXE DA AGONIA AMORIN 20 AGOSTO 2011

O vindeiro fin de semana, celébranse en Amorín, as Festas na honra a Virxe da Agonía.

 Esta festa, ten a súa orixe, no ano 1846. Así, no Libro de Contas dos Santos, no folio  45 dice: “Nuestra Señora de la Agonía. Esta devoción se erigió de nueva en el dicho año de cuarenta y seis en que la sirvió de Mayordomo, Silvestre Domínguez”. Este ano os maiordomos que serven a Virxe, corresponden a Carregal e son Manuel Salgueiro e José Carlos Estévez,

Hai algo que diferenza a estas festas doutras da comarca: as Carrozas. Cada ano, o tradicional desfile de carrozas, feitas polos propios veciños, mostran o gran traballo, dedicación, ilusión e horas de sono, que lle botan as máis de 50 persoas que, dende un mes antes da festa, traballan cada noite, para ese día. Este ano 2011, estanse a facer oito carrozas: 3 no barrio da Rotea, 4 no barrio do Outeiro e 1 no barrio de Baceiro.

Nunha desas carrozas, vai a Raíña das Festas e as súas damas de honra. Este ano, a señorita Estefanía Rodríguez, coas súas damas Verónica Silva e Diana Hermida,  recibirá a coroa da súa predecesora , a raíña das festas no 2010, Lidia Ruiz.

Os precursores da festa, serán o grupo de Bombos Muinenta de Sobrada,  o venres dia 19, que  recorrerá os barrios onde se están a facer as carrozas.

  O  sábado día 20, darase inicio oficial ás Festas 2011, as 08h00 da mañá, coa tradicional tirada de bombas de palenque.  Pola tarde, as 20h00, terá lugar o primeiro desfile de carrozas. Para acompañalas  ata o Torreiro de Festas, irán  o Grupo Virxe do Alivio, en colaboración co Concello de Tomiño, e o grupo de Bombos Muinenta de Sobrada. Pola noite, a verbena será  amenizada, a partires das 22h30, polas orquestras COMPOSTELA  e  D´TACÓN.

O  domingo día 21, dará a súa entrada, a banda de música AGRUPACIÓN MUSICAL DE BELESAR, que fará un pasa rúas polo recinto da festas.  As 12h30, celébrase a Misa Solemne con homilía e procesión. Nesta procesión, sae o carro da Virxe, onde van os anxiños. Este ano son Laura Rodríguez e Saray Almeida.  Pola tarde, o último desfile de Carrozas, as 19h00 horas.  Xa pola noite, verbena a cargo da banda de música AGRUPACIÓN MUSICAL DE BELESAR  e o grupo  ARAMIO.

"A Comisión de Festas, presidida por D. Carlos Maceira, xunto con todas as persoas que o acompañan neste labor, D. Custodio Gonçalves (vicepresidente 1º), Don Marcos Benade (vicepresidente 2º),  Dña Noelia González y Dña Gloria Barbosa (secretarias), D. Telmo Vila y D. Manuel Filgueiras (tesoureiros), D Telmo González, D. Rubén Martinez y D. Carlos Martinez (vocais), queren convidar a todos os veciños da comarca, a compatir con nós, as festas en Amorín, en honra á Virxe da Agonía 2011".

 

 

 

Mª Victoria A. Fdez.

 
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones