Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Festival da Historia Arraiana do 8 ó 10 de setembro en Tui

Preténdese crear unha festa única cunha vinculación sen precedente ás raíces da memoria arraiana.

Preténdese crear unha festa única cunha vinculación sen precedente ás raíces da memoria arraiana.

Fecha: 08 de Septiembre de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O Festival Arraianos nace coa idea de fomentar a cultura, o turismo a historia e a vida da cidade de Tui. Preténdese crear unha festa única cunha vinculación sen precedente ás raíces  da memoria arraiana. Un evento que ninguén se quererá perder e que dende o primeiro ano tentará situarse entre os máis representativos da Comunidade Autónoma galega. Un Festival feito para Tui cun carácter moi persoal, para acadar o achegamento entre a cidade e os seus cidadáns, participativo, para todos e de todos. Preparádevos así para o evento que vos levará a unha viaxe  pola historia, do cal desfrutaredes grazas  á variedade de  actividades e ós  extraordinarios espectáculos programados.
 
PROGRAMACIÓN:
 VENRES 8

• 21,00 - Arrinca o Mercado Arraianos con artesanía, gastronomía e animación, onde ademáis, poderedes desfrutar de novo, das tapas inspiradas en Xogo de Tronos "Recetas de Poniente1". (Praza do Fromista, Praza do Pracer, Praza de San Telmo, Praza da Estrela)

• 23,00 - "Festival Arraianos". A praza de San Fernando acolle o espectáculo inaugural que dá comezo ao Festival Arraianos. Danza e teatro únense para darvos a benvida outro ano máis. (Praza de San Fernando)

SÁBADO 9

• 12,00 - Apertura do Mercado Arraianos con artesanía, gastronomía e animación, onde ademáis, poderemos desfrutar de novo, das tapas inspiradas en Xogo de Tronos "Recetas de Poniente1". (Praza do Fromista, Praza do Pracer, Praza de San Telmo, Praza da Estrela)

• 12,30 - "Á Conquista do Miño". Carreira medieval en kaiaks (A Praia da Mariña) .- Máis info no dorso.

• 16,00 - Arrinca o "Campamento Medieval". Recreación histórica dun campamento medieval no que te poderás sentir como un autentico cabaleiro medieval. (A mariña)

• 19,00 - "Desfile Musical Cultural en Colaboración Con Lembranzas Dá Terra". O Festival Arraianos acolle ás bandas de música do IV Festival de Bandas de Guillarei (Lembranzas dá terra), nun desfile onde poderemos contemplar as distintas traxes populares e por suposto disfrutar da nosa Música Popular e Medieval. (Paseo da Corredoira e Praza de San Fernando)

• 20,30 - "Torneo Medieval". (A Mariña)

• 21,30 - "Noite de Curuxas". Lendas, mitos e feitizos enmeigarán as rúas de Tui con distintas actividades e espectáculos:
•21,45 - 00,30 - "Banquete da Noite de Curuxas".
Banquete medieval con animación2. (Praza do Pracer)
• 00, 00 - "Survival Zombie Medieval".
Apúntaste a sobrevivir ó Survival Zombie Medieval do Festival Arraianos? - Máis info no dorso.
• 01, 00 - "Noite de Curuxas".
Espectáculo de lendas, mitos e terror na Praza de San Fernando. (Praza de San Fernando)

1. As "recetas de Poniente" e a animación pecharán durante o sábado e o domingo, de 16:00 a 19:00.
2. "Banquete da Noite das Curuxas". Venta de entradas en: festivalarraianos@gmail.com ou atópanos no paseo de Calvo Sotelo

DOMINGO 10

• 12,00 - Apertura do Mercado Arraianos con artesanía, gastronomía e animación, onde ademáis, poderemos desfrutar de novo, das tapas inspiradas en Xogo de Tronos "Recetas de Poniente1". (Praza do Fromista, Praza do Pracer, Praza de San Telmo, Praza da Estrela)

• 12,00 - "Conferencia do S.XVII sobre o patrimonio e historia da cidade de Tui", impartida por Marta Cendón , nada en Tui e profesora de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. (Cárcere Vella)

• 16,00 - Visitas Teatralizadas que nos levaran polo Tui do S.XVII. (Zona do Festival)

• 19, 30 - "Torneo Medieval". (A Mariña)

• 21, 30 - "Peche Arraianos". Anuncio dos gañadores do mellor petisco medieval e do mellor local decorado. Os personaxes do festival saberán como despedirse outro ano máis das xentes de Tui. (Praza de San Fernando)

• 23,00 - Peche do Mercado Arraianos.


Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí