Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

FESTIVAL VIA STELLAE ÉSTE SÁBADO EN TUI PRESENTA MÚSICA E ARTE

Ofrecerá visitas guiadas e concertos na Catedral e na Igrexa de Santo Domingo

Fecha: 22 de Julio de 2010

Fuente: www.concellotui.org

“Música e Arte” é o título do programa que este sábado, 24 de xullo, achega a Tui o V Festival de Música de Compostela e os seus camiños, Via Stellae. A proposta é singular xa que na mesma combinan ás visitas guiadas e os concertos  dous templos destacados da cidade coma son a S.I. Catedral e a Igrexa de Santo Domingo.

O V Festival de música de Compostela e os seus camiños, Via Stellae, chega este sábado a Tui con dobre proposta dentro do programa “Música e arte” no que se mestura un concerto musical cunha visita guiada.
 
FESTIVAL VIA STELLAE ÉSTE SÁBADO EN TUI PRESENTA MÚSICA E ARTE

 
A primeira proposta chega o sábado ás 16.30h cunha visita guiada á Catedral seguida dun concerto, ás 17.30h, a cargo do grupo Resonet con Mercedes Hernández coma soprano. Interpretarán “Romances do Camiño” que inclúe composicións do barroco inspiradas no Camiño de Santiago.

A actividade trasládase ás 18.30h ata a Igrexa de Santo Domingo onde haberá unha visita guiada e ás 20h José Hernández Pastor, contratenor, e Arial Abramovicj, vihuela de man interpretarán obras do compositor renacenstista Alonso Mudarra do que este ano se cumpre o seu V Centenario. Este será o único concerto en Galicia que ofrezan estes dous músicos.

A entrada para os concertos é libre ata completar o aforamento dos espazos onde se celebra. Para participar nas visitas so é preciso estar á hora prevista na Catedral ou na Igrexa de Santo Domingo.


 
Festival Via Stellae
-    Sábado 24 de xullo
   Na Catedral
   Ás 16.30h Visita Guiada
   Ás 17.30h Concerto do grupo Resonet con Mercedes Hernández, soprano
   Na Igrexa de Santo Domingo
   Ás 18.30h Visita Guiada
   Ás 20h Concerto de José Hernández Pastor, contratenor, e Ariel Abramovicj, vihuela de man
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones