Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

FILMINHO 2010 FESTA DO CINEMA GALEGO E PORTUGUÉS TERÁ SECCIÓNS COMPETITIVAS, RETROSPECTIVAS, CINE MIÑOTO E FORUM DE CREADORES E TALLERES DE CINE PARA ESCOLARES

Os responsables dos concellos de Vila Nova de Cerveiro e Tomiño reiteraron o seu apoio decidido ao festival durante a presentación do evento, celebrada este mediodía en Goián

Fecha: 18 de Septiembre de 2010

Fuente: Infomiño.com e www.concellotom

O Filminho 2010 "Festa do Cinema Galego e Portugués", que terá lugar nas localidades fronteirizas de Vila Nova de Cerveira e Tomiño entre o 19 e o 26 de setembro, contará con dúas seccións competitivas, un gran premio, sección de cine miñoto, retrospectiva do cineasta galego desaparecido Carlos Velo, homenaxe a Noémia Delgado, forum de creadores e un taller de cine para nenos galegos e portugueses.

O evento cinematográfico, promovido pola Asociación Morraceira cos apoios dos municipios de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, ten como finalidade promover o sector do audiovisual no alto minho portugués e no Baixo Miño galego, non se limitando á exhibición de filmes mais procurando incentivar a creación e produción cinematográfica.

A presentación aos medios de comunicación tivo lugar este mediodía no Auditorio de Goián, coa asistencia da alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o vicepresidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, Joao Fernando Nogueira. No acto tamén estiveron presentes André Martins (director de Filminho), Diana Gonçalves (creadora responsable da programación) e Lisi González, realizadora do documental "De porta en porta", un documental sobre as bandas de bombos do Baixo Miño e o Norte de Portugal, e considerada unha das obras centrais desta edición.

A alcaldesa de Tomiño salientou a rápida evolución do festival que chega á súa terceira edición cunha programación novidosa e moi completa. "Este vai ser un Filminho especial nos que estará moi implicados os creadores da zona, con novidades e sorpresas", comentou Sandra González. A rexedora destacou a dimensión transfronteiriza do festival, agradecendo o traballo e colaboración das administracións, asociacións, creadores, organización e voluntarios, reiterando o se u apoio decidido ao festival e lembrando as xornadas de itinerancia polas parroquias realizadas nas semanas previas.

Entre as actividades complementarias, a alcaldesa resaltou os talleres de cine para escolares dun e outro lado da fronteira que permitirá aos nenos traballar xuntos nun proxecto común, fortalecendo os lazos de cooperación entre ambas comunidades.

Joao Nogueira, pola súa banda, salientou os lazos culturais, sociais, económicos, existentes nas dúas rexións fronteirizas, cualificando ao Filminho como "unha experiencia cultural sen fronteiras a través da cal os concellos de Tomiño e Cerveira traballan xuntos e reforzan o concepto da cooperación transfronteiriza".

O director do festival, André Martins, adiantou as principais novidades desta terceira edición, resaltando a idea de "non so exhibir filmes, senón tamén de aproveitar a experiencia de creadores e fomentar a vertente de formación. Neste senso, referiuse so Fórum dos Creadores e aos talleres de cine para nenos/as dos colexios de Tomiño e Cerveira.

Diana Gonçalves, na súa callidade de programadora, salientou a retrospectiva de Carlos Velo, con 3 sesións, que ela mesma comentará acompañada de Miguel Anxo Fernán Vello e Margarita Ledo.

Tendo como principais espazos o Cine Teatro de Vila Nova de Cerveira e o Auditorio de Goián, en Tomiño, locais onde serán proxectados filmes, curtas, animacións e documentais, o Filminho 2010 engloba dúas categorías competitivas: gran premio e cinema miñoto.

Ao gran premio foron admitidos todos os xéneros de filmes con produción galega ou lusófona, debendo o xurado privilexiar os traballos de mozos creadores e os filmes que presenten un carácter máis innovador.

Á súa vez, a sección destinada ao cinema miñoto está dirixida para todos os filmes que aborden a realidade da rexión minhota ou que teñan unha evidente vocación transfronteiriza. Estas producións poden competir na categoría do gran premio.

Alén das proxeccións, o evento engloba aínda unha retrospectiva do cineasta Carlos Velo, homenaxe a Noémia Delgado, concerto de Victor Coyote e un taller de traballo para nenos de 7 e 8 anos de ambos os concellos que será orientada por Henrique Espirito Santo.

Os días 20, 21, 22 e 23, terá dúas vertentes: de mañá, serán transmitidos aos nenos coñecementos teóricos e prácticos de cinema. Á tarde, alén dunha sesión de cinema infantil, serán visionados os "filmes" producidos no período da mañá.

Estas actividades de valorización e aproximación á sétima arte serán complementadas co "Fórum de Creadores" que consiste na realización de tres formacións prácticas coordenadas por Pedro Sena (pensar o local), Tiago Pereira (escoitar o local) e Manolo González/Rodrigo Areas (intervir no local).

Este curso, onde participarán alumnos das escolas profesionais desta rexión transfronteiriza, será o punto de partida dunha iniciativa máis ampliada, envolvendo profesores e alumnos na procura e concepción de proxectos cinematográficos ao longo do ano lectivo.

Os mellores proxectos poderán vir a ser apoiadas polo Filminho 2010, á semellanza do que aconteceu con "De Porta en Porta", de Lisi Gonzalez, curtametraxe documental que será presentada na gala de abertura do certame no Auditorio de Goión, Tomiño, ás 19.00 horas (hora española).

Toda a información en www.festivalfilminho.com


Contacto
André Martins
919 489 669

GALERÍA DE IMAXES DA ROLDA DE PRENSA:

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones