Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Finalizadas as obras de mellora no Club de Remo Robaleira

O Concello e a Xunta acometen obras de substitución da cuberta e pintado exterior da sede do club de Remo Robaleira

O Concello e a Xunta acometen obras de substitución da cuberta e pintado exterior da sede do club de Remo Robaleira

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Diciembre de 2021

Fuente: Concello da Guarda

Un convenio entre o concello da Guarda e a Secretaría Xeral para o Deporte fixo  posible o financiamento dunhas obras no club de remo Robaleira que non podían demorarse por máis tempo. O deterioro da cuberta do edificio estaba provocando estragos que se viñan agravando nos últimos anos.

 

O concello, na súa política de mellora das instalacións deportivas da localidade, trasladou ao Secretario Xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete, a urxencia desta obra, motivada pola chegada do inverno. O alcalde, Antonio Lomba, agradece publicamente a rápida implicación do Secretario no financiamento desta actuación.

 

Estas obras contaron cun orzamento total de 29.383,49 €, dos cales 23.506,80 € os achegou a Secretaría Xeral para o Deporte e 5.876,69 € foron achega municipal.

 

Dende o club tamén trasladaron ao alcalde, Antonio Lomba e a concelleira de deportes, Montse Magallanes, o seu agradecemento pola implicación do concello na mellora das instalacións. Agora a directiva está facendo xestións para decorar con pinturas murais as paredes exteriores do edificio. O concello tamén está disposto a ser participe desta iniciativa

 

Tanto o concello como a Secretaría Xeral para o Deporte participan neste proxecto co obxectivo de potenciar o deporte base, sendo conscientes da importancia da colaboración económica de todas as administracións para afrontar obras que beneficien ao conxunto dos cidadáns para a práctica deportiva.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí