Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Formoso denuncia o -maltrato da Xunta- ao Baixo Miño reflectido nos seus orzamentos para o 2023

O secretario xeral do PSdeG-PSOE visita Tomiño onde se comprometeu a elevar ao Parlamento as emendas da comarca para conseguir -compromisos máis firmes ou máis explícitos- nas contas do goberno galego

O secretario xeral do PSdeG-PSOE visita Tomiño onde se comprometeu a elevar ao Parlamento as emendas da comarca para conseguir -compromisos máis firmes ou máis explícitos- nas contas do goberno galego

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Octubre de 2022

Fuente: PSdeG-PSOE Pontevedra

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, visitou hoxe o municipio de Tomiño para coñecer de primeira man as demandas da comarca relativas aos orzamentos da Xunta cara 2023 e trasladalas a emendas parlamentarias. Denunciou o “maltrato da Xunta” nas súas contas ao Baixo Miño.

O líder dos socialistas galegos visitou a localidade para respaldar á candidata á alcaldía, Violeta Santiago, así como escoitar as reclamacións á Xunta de Galicia dos veciños e veciñas da comarca trala publicacións do seu proxecto de orzamentos a semana pasada.

Destacou que os distintos mandatarios locais cos que se reuniu trasladáronlle demandas que “non se están a pedir grandes luxos por parte dos compañeiros da comarca, senón cuestións básicas para mellorar a calidade de vida dos veciños”, como no caso de Tomiño, onde “soamente a metade da poboación ten saneamento”.

Valentín González Formoso denunciou a desaparición nas contas do municipio tomiñés, cun “compromiso de cero euros da Xunta” e polo tanto, infraestruturas “necesarias” para a localidade e a comarca no seu conxunto, como a vía rápida que conecta os territorios que están a carón do Río Miño, conectando A Guarda, Tui ou a propia vila que visitou.

Tamén atendeu ao sector primario, que “precisa de base territorial para ser competitivo” polo que solicitou á Xunta “máis compromiso, máis recursos” e máis intensidade para concretar un proxecto que de “máis postos de traballo e máis vida á comarca” como o da área parcelaria de Tomiño que leva 25 anos parada.  

Respecto á produción de viño, pediu que se den os instrumentos para que a súa produción se poida desenrolar da mellor maneira posible, xa que “é un sector moi querido por toda a poboación que ten ou tivo unha adega ou un familiar que viva disto”, polo que “Galicia sen o viño non é Galicia”, concluíu Formoso.

Na súa visita á adega de Altos de Torona foi acompañado pola candidata do PSdeG na localidade, Violeta de Santiago, pola secretaria xeral da Guarda e o alcalde, Montse Magallanes e Antonio Lomba, o secretario xeral de Oia, Gerardo Rodríguez Refojos, do candidato no Rosal, José Carlos Martínez Crespo, así como do xerente da adega, José Antonio Torres. Entre os presentes tamén estiveron do Partido Socialista portugués en Vilanova de Cerveira, Renato Correia Domínguez e Joao Gonçalves.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí