Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Formoso enxalza o proxecto de Antonio Lomba: -estou seguro de que vai ter un respaldo masivo na guarda logo de todo o que leva feito-

O secretario xeral do PSdeG pon en valor a defensa do sector pesqueiro que que os socialistas fixeron a nivel europeo

O secretario xeral do PSdeG pon en valor a defensa do sector pesqueiro que que os socialistas fixeron a nivel europeo

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Mayo de 2023

Fuente: PSdeG-PSOE

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, enxalzou este sábado a capacidade de xestión e o proxecto “ilusionante” que propón Antonio Lomba para seguir transformando A Guarda, e sinalou que “estou seguro de que vai ter un respaldo masivo logo de todo que leva feito dende a súa chegada á alcaldía”, no ano 2015.

 

O líder do socialistas galegos tomou a palabra nunha cea-mitin, na que tamén interviron o secretario provincial, David Regades, o Delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, a secretaria xeral da agrupación local, Montse Magallanes. No seu discurso, dixo que Lomba é “un bo exemplo do que fan e do conseguen os socialistas cando chegan ao goberno”, que é xestionar, pedir e “petar en todas as portas que hai que petar” para conseguir melloras para o seu concello que redunden na calidade de vida dos seus veciños e veciñas.

 

Tamén chamou Formoso aos militantes e simpatizantes a “facer pedagoxía” nos lugares de traballo e de lecer para explicar que non é o mesmo que gobernen os socialistas ou que gobernen a dereita, pois advertiu que mentres o PP xestionou unha crise de calado aplicando recortes, Pedro Sánchez foi quen de “convencer aos socios europeos” para cambiar de paradigma e reaccionar con forza ante a pandemia, para investir no coidado das persoas e para saír en apoio do tecido produtivo e do emprego.

 

“É algo que sabedes moi ben na Guarda”, abondou Formoso, pois insistiu que Antonio Lomba é unha referencia no eido local no aproveitamento das posibilidades que ofrece Europa e os fondos Next Generation para o desenvolvemento dunha vila. Tamén o puxo de exemplo da defensa do sector pesqueiro levada a cabo en varias frontes, e que o PSdeG soubo tamén trasladar a Bruxelas e a Estrasburgo co seu rexeitamento activo ao veto á pesca de profundidade.

 

OPTIMISMO E SOLVENCIA

 

Pola súa banda, Antonio Lomba agradeceu en primeiro lugar, o apoio amosado polo seu partido coa presenza do secretario xeral e do secretario provincial, así como dous representantes do Goberno como son a Subdelegada na provincia de Pontevedra, Maica Larriba, e o propio Besteiro.

 

Lomba, que xa presume de experiencia logo de manter a alcaldía dende o 2015, reivindicou o seu “proxecto moi potente para o progreso da Guarda, para que a vila teña futuro” co que afrontan os comicios cun “mensaxe de optimismo” debido a que considera que “estamos facendo unha boa campaña” polo que están seguros de que obterán un gran resultado.

 

O seu maior argumento para lograr un terceiro mandato é a “solvencia” coa que chegaron a executar máis do 80% do programa electoral “a pesar da pandemia”, asegurou. Do mesmo xeito, puxo en valor que conseguiran para a vila un investimento de 7 millóns de euros dos Fondos Europeos. Recriminou á oposición do PP que “non está nin estivo á altura”, despois de estar “desaparecido” e “agora intentan tapar erros monumentais como o de votar en contra do pavillón municipal”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí