Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

G. Caballero denuncia, dende O Rosal, o desmantelamento da atención primaria: a situación dos PAC e dos Centros de Saúde do Baixo Miño exemplifica que a primaria en Galicia está na UCI

O voceiro parlamentario critica a inacción da Xunta mesmo despois de que o propio conselleiro de Sanidade recoñecese que a situación nesta comarca é complicada

O voceiro parlamentario critica a inacción da Xunta mesmo despois de que o propio conselleiro de Sanidade recoñecese que a situación nesta comarca é complicada

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Enero de 2022

Fuente: PSdG-PSOE

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistiu hoxe, no Rosal, á concentración para denunciar o desmantelamento da Atención Primaria no Baixo Miño.

 

“A situación dos PAC e dos centros de saúde do Baixo Miño exemplifica que a Primaria en Galicia está na UCI”, alertou o dirixente socialista ao sinalar a “carencia de persoal sanitario nos centros de saúde” e “os recortes da Xunta do PP” que “están provocando que na Atención Primaria do Baixo Miño, ao igual que noutros lugares de Galicia, tan só se atendan urxencias”.

 

“Non podemos tolerar que haxa listas de espera na Atención Primaria”, incidiu Gonzalo Caballero tras criticar a decisión do Sergas de restrinxir a actividade sanitaria, durante varios días consecutivos, en 14 centros da área sanitaria de Vigo, entre os que atopaban os de A Garda, O Rosal e Tomiño. “É indecente a situación de precariedade na que Feijóo está deixando a sanidade pública galega que vive de forma permanente saturada e co persoal sobrepasado”, sentenciou.

 

Ao fío disto, o voceiro socialista criticou a inacción da Xunta mesmo despois de que o propio conselleiro de Sanidade recoñecese que a situación na comarca do Baixo Miño “é complicada”. Malia isto, incidiu, “a Xunta e Feijóo non fan nada”.

 

Neste sentido, o voceiro socialista urxiu ao goberno galego a “buscar solucións” para “fortalecer” a sanidade pública galega e a Atención Primaria “e máis cando estamos afrontando un mes de xaneiro cun nivel de contaxios incesante” e debido ao cal “o persoal médico dos centros de saúde ten que facer seguimento a decenas de milleiros de galegos e galegas”.

 

A solución pasa, subliñou, por “mudar a política de recortes de persoal da Xunta” que “debe volver contratar aos máis de 500 profesionais despedidos e elaborar un plan extraordinario de reforzo de persoal”, xa que esta “é a mellor forma de facer fronte ás dificultades que está pasando a sanidade

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí