Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Galicia reclama medidas fiscais inmediatas de apoio ao sector primario para facer fronte ás súas dificultades polo estado de alarma

Rosa Quintana e José González reiteran a lealdade institucional da Xunta co Goberno central, pero piden ao tempo que se teñan en conta as comunidades autónomas para adaptar aos distintos territorios as medidas aprobadas

Rosa Quintana e José González reiteran a lealdade institucional da Xunta co Goberno central, pero piden ao tempo que se teñan en conta as comunidades autónomas para adaptar aos distintos territorios as medidas aprobadas

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Abril de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o conselleiro do Medio Rural, José González, veñen de remitir unha carta ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, na que reclaman diferentes medidas fiscais de apoio ao sector primario, de aplicación inmediata, para facer fronte ás dificultades que se lle presentan no actual estado de alarma polo coronavirus.

Na misiva ambos conselleiros comezan amosando, dende a lealdade institucional, o apoio ás diferentes medidas adoptadas polo Goberno central, pero reclamando ao tempo a necesidade de contar coas comunidades autónomas no seu deseño e aplicación. Así, proponse que "de agora en diante" este tipo de decisións sexan previamente comentadas e consensuadas coas autonomías, de cara a unha mellor adecuación ás características de cada territorio.

En relación coas devanditas medidas fiscais, os conselleiros fan especial fincapé en dúas. En primeiro lugar, a suspensión da presentación de autoliquidacións de impostos que teñan uns prazos de vixencia que venzan durante o estado de alarma, en especial o IVE, para todos os operadores do sector primario. Así, demandan que se suspendan as autoliquidacións por este imposto, correspondentes ao primeiro trimestre de 2020, e que teñen como prazo límite o 20 deste mes. E engaden que esta suspensión "debería manterse cando menos ata o 20 de xullo", data da presentación das autoliquidacións do segundo trimestre.
Devolucións do IVE

En segundo termo, os representantes da Xunta reclaman axilizar as devolucións pendentes aos autónomos e empresas do sector primario polo IVE, tanto as de exercicios anteriores como aos dos períodos do 2020 anteriores á declaración do estado de alarma. Os conselleiros lembran, neste sentido, que as dúas medidas fiscais xa foron tamén demandadas polo propio presidente do Executivo galego ao seu homólogo do Goberno central, en referencia ao conxunto dos sectores produtivos. Recordan, así mesmo, que Galicia xa suspendeu os prazos de presentación de autoliquidacións dos principais impostos autonómicos ata o vindeiro 30 de xuño ou ata un mes despois da finalización do estado de alarma.

No escrito advírtese que esta suspensión, para pemes e autónomos, aliviaría boa parte do problema no sector primario e ademais considérase que sería asumible polo Estado e evitaría custos administrativos difíciles de cumprir na situación de confinamento. Por outra banda, permitiríalles manter liquidez sen necesidade de acudir ao endebedamento bancario.

Por último, ambos conselleiros propoñen que as devolucións do IVE se fagan neste mes de abril, xa que esta medida podería dar liquidez ás empresas galegas por un importe estimado de arredor de 400 millóns de euros. Considérase ademais que só en ramas de actividade como as conserveiras ou a industria de elaborados conxelados da nosa comunidade, estas devolucións de IVE pendentes poderían superar os 30 millóns de euros.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí