Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Galiza e Portugal, hoxe máis que nunca, unidos de corazón no 25 aniversario da eliminación das fronteiras europeas

A situación excepcional na que nos atopamos pon de manifesto a importancia e a interrelación dos territorios transfronterizos como é o caso do Río Miño

A situación excepcional na que nos atopamos pon de manifesto a importancia e a interrelación dos territorios transfronterizos como é o caso do Río Miño

Fecha: 26 de Marzo de 2020

Fuente: AECT Rio Minho

Tal día como hoxe, o 26 de marzo de 1995 entraba en vigor o Tratado de Schengen, e nacía unha Europa sen fronteiras onde a libre circulación de persoas e mercadorías quedaba permitida. Precisamente cando se conmemoran 25 anos daquel feito histórico, vemos como a terrible expansión da pandemia do COVID19 obrigou aos diferentes estados da Unión Europea a tomar unha decisión sen precedentes, reconstruír as vellas fronteiras que dividiron os seus pobos durante séculos.

A situación excepcional na que nos atopamos pon de manifesto a importancia e a interrelación dos territorios transfronterizos como é o caso do Río Miño, o paso fronteirizo máis poboado entre España e Portugal e o máis transitado da península Ibérica, así como as enormes consecuencias que supón para estes enclaves a recuperación das vellas fronteiras.

Ademais do confinamento que vive toda a poboación, tanto galega como portuguesa, o territorio transfronteirizo do Río Miño está a sufrir un dobre golpe. Pechar as fronteiras é unha decisión que se toma dende os gobernos centrais de cada un dos estados, moitas veces ignorando a realidade e o día a día dos territorios transfronteirizos, onde a vida se desenvolve en común entre unha beira e outra do río.

Exemplo disto é a complicada situación dos traballadores e traballadoras transfronteirizos que deben facer fronte a maiores restricións á hora de desprazarse para realizar tarefas imprescindibles ou percorrer decenas de quilómetros para achegarse ao único paso que quedou aberto tras o peche das outras pontes internacionais, unha decisión que se cadra debería ser reconsiderada.

Con todo, este é un momento para a solidariedade e a cooperación entre Estados pero tamén para a responsabilidade cidadá. É necesario que polo ben de todos e todas fiquemos nas nosas casas ata que o perigo do contaxio estea superado. Hoxe, máis que nunca, Galiza e Portugal están unidos de corazón para facer fronte a adversidade.

Dende o AECT Rio Minho seguiremos traballando por mellorar a calidade de vida das persoas que viven no territorio transfronteirizo e loitando por unha Europa dos pobos, sen fronteiras, unida e forte, onde as políticas de cooperación, saúde e benestar sexan sempre unha prioridade.
 
Uxío Benítez Fernández
Director do AECT Rio Minho e deputado de Cooperación Transfronteiriza
 
João Fernando Brito Nogueira
Vice director do AECT Rio Minho e presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones