Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

GASTRONOMÍA E CULTURA COMPARTEN MESA NO MES DE MAIO NA VILA DE A GUARDA

Este nova cita nace coa finalidade de promocionar e comercializar os doces e sobremesas das confeitarías, pastelarías e panadarías nun espazo diferente do seu establecemento habitual.

A Guarda Doce terá lugar na Alameda durante a fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño

Fecha: 17 de Mayo de 2014

Fuente: www.aguarda.es

Esta nova campaña mestura a programación cultural coa gastronomía. A finalidade é incentivar ós veciños e visitantes que non só gocen dos diferentes e variados actos culturais, senón que coñezan tamén a nosa gastronomía e viceversa.

O broche para o mes de maio é A GUARDA DOCE. Este nova cita nace coa finalidade de promocionar e comercializar os doces e sobremesas das confeitarías, pastelarías e panadarías nun espazo diferente do seu establecemento habitual.

A Guarda Doce terá lugar na Alameda durante a fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño, ó longo do día, de 11:00 a 21:00 h. Os establecementos participantes amosarán ó público as súas elaboracións máis tradicionais e tamén as novas creacións nun entorno de festividade cunha programación de interese para nenos e maiores.

Están convidados confeiteiros, pasteleiros e panadeiros do Baixo Miño ou do distrito de Viana en Portugal. Deste xeito, A Guarda Doce adquire unha dimensión internacional onde os asistentes gozarán dunha diversa oferta. Tamén poderán establecementos que ofrezan alimentos artesáns


O Concello da Guarda organiza a campaña "MAIO GASTRONÓMICO E CULTURAL" onde a programación cultural mestúrase coa gastronomía. A finalidade é incentivar ós veciños e visitantes que non só gocen dos diferentes e variados actos culturais senón que coñezan a nosa gastronomía e viceversa. Un total de 21 restaurantes da Guarda participarán nesta campaña, ofrecendo un incentivo aos seus clientes: BONOS CON DESCONTO DO 10 %.
Ao longo do mes de maio un novo ciclo de cinema chega ó Centro Cultural da Guarda, con filmes de índole gastronómica: Un curioso restaurante onde escoitar a mellor música de Hamburgo e probar os pratos do seu excéntrico cociñeiro, a cociña do Palacio do Eliseo francés e a chocolatería de Vianne Rocher no Lansquenet.
VENRES 2 DE MAIO, SOUL KITCHEN
XOVES 8 DE MAIO, A COCIÑEIRA DO PRESIDENTE
VENRES 30 DE MAIO, CHOCOLAT

Ademais haberá outros actos culturais na Guarda no mes de maio, xa que o Concello ven de asinar un convenio para participar no circuíto de artes escénicas da AGADIC "Cultura no Camiño", no que participan 81 concellos polos que pasa o Camiño de Santiago.
Gracias a este convenio de colaboración a AGADIC colabora co Concello da Guarda na contratación de diversos espectáculos, polo que o 9 maio poderemos representarase a obra de teatro "BICOS CON LINGUA", de Talía Teatro, no Centro Cultural.

Pero o broche para o mes de maio é A GUARDA DOCE. Este nova cita nace coa finalidade de promocionar e comercializar os doces e sobremesas das confeitarías, pastelarías e panadarías nun espazo diferente do seu establecemento habitual.
A Guarda Doce terá lugar na Alameda durante a fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño, ó longo do día, de 11:00 a 21:00 h. Os establecementos participantes amosarán ó público as súas elaboracións máis tradicionais e tamén as novas creacións nun entorno de festividade cunha programación de interese para nenos e maiores.
Están convidados confeiteiros, pasteleiros e panadeiros do Baixo Miño ou do distrito de Viana en Portugal. Deste xeito, A Guarda Doce adquire unha dimensión internacional onde os asistentes gozarán dunha diversa oferta. Tamén poderán establecementos que ofrezan alimentos artesáns.

O 17 de maio celébrase na nosa comunidade a festividade das Letras Galegas, que este ano dedicase á figura de Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo). Como xa é tradición na Guarda, terá lugar o desfile con saída da Alameda e o festival folclórico cos principais grupos da nosa vila.
Como cada maio, volverá a celebrarse unha vez máis a Feira do Libro da Guarda, onde acoden as librerías da nosa vila e da comarca do Baixo Miño, poñendo á venda os libros cun desconto do 20%.
A cita será o 18 de maio, domingo seguinte á celebración das Letras Galegas, e poderemos atopar ademais de libros, diversas actividades como obradoiros e espectáculos para os máis cativos, e ó final da tarde algunha sorpresa tamén para os máis maiores.
Este ano contaremos na sesión de mañán coa Tropa de Trapo e a súa historia sobre "Antía, Wamba e o regato pequeno".

A finales de maio poderemos coñecer mellor a indumentaria máis tradicional do noso pobo. O día 31 inaugúrase a VII Exposición do Traxe Galego ás 20.30 horas na Casa dos Alonsos.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones