Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Gerardo Rodríguez avoga polo voto útil este domingo

Fai un chamamento aos veciños e veciñas de Oia a acudir a votar para sacar a Oia do estancamento de 7 anos de goberno do PP

Fai un chamamento aos veciños e veciñas de Oia a acudir a votar para sacar a Oia do estancamento de 7 anos de goberno do PP

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Mayo de 2023

Fuente: Socialistas Oia

Os Socialistas de Oia encaran a recta final da Campaña das Eleccións Municipais do vindeiro domingo día 28 de maio con moita ilusión e facendo un chamamento aos veciños e veciñas de Oia para que acudan este domingo a votar, para sacar a Oia do estancamento de 7 anos de goberno do PP, 7 anos de atranco nos que Oia non progresou e para o que é preciso un cambio, un cambio a un goberno socialista que leve o municipio polo bo camiño.

Gerardo Rodríguez Refojos, Candidato á Alcaldía de Oia polo PSdeG-PSOE manifestou que conta cun gran equipo, cunha candidatura que representa a todos os veciños, en todos os rangos de idade, con formación variada e sobre todo con moita ilusión para facer o cambio que precisa Oia, insistindo en que para gobernar é necesario contar cun bo equipo, e citou o caso da actual alcaldesa, mostra do que non se pode facer, como o grupo de goberno municipal actual do PP, onde unha soa persoa non pode xestionar un concello.

Na Xuntanza cos Veciños deste mércores na Casa da Cultura de Oia, Cándido Castro, nº2 da Candidatura do PSdeG-PSOE de Oia puxo o seu exemplo persoal, falando de que apostou por unirse aos Socialistas de Oia porque -quero que o meu pobo progrese e quero que Oia avance cara a un mellor futuro, romper coa lacra do PP, coas súas políticas caciquís, que xa de sobra todos coñecemos e que non podemos consentir máis tempo-. Engadiu que -o cambio é agora e o PSdeG-PSOE está preparado para facer unha boa xestión municipal-.

José Antonio Olmedo Granja, nº10 da Candidatura do PSdeG-PSOE de Oia falou do abandono ao que tivo sometido o PP ao longo dos últimos anos, onde non se fixo nada, non hai alternativas para a xuventude, non hai un Pavillón, non hai beirarrúas, non hai un centro de día, non hai cofradia de pescadores, non hai servizos básicos elementais…. Rematou a súa intervención en Oia indicando que -Xa está ben, necesitamos un cambio e avanzar, para que OIA progrese e se fagan todas as cousas que se levan demandando dende demasiados anos, hai que ver onde estamos e onde queremos estar, temos moito potencial e hai que polo en valor-.

A campaña continúa esta tarde ás 20:30h cunha Xuntanza cos Veciños de Pedornes na Casa da Cultura, onde falarán Gerardo Rodríguez, Candidato á Alcaldía; Marisa Giráldez Álvarez, nº 3 da Candidatura do PSdeG-PSOE de Oia e Américo de Oliveira Franco, nº 4 da Candidatura do PSdeG-PSOE de Oia.

E xa para rematar esta campaña o venres ás 20:00h na Casa da Cultura de Mougás realizarase o peche de campaña onde intervirán Gerardo Rodríguez, Candidato á Alcaldía; Blas Fernández Álvarez, nº 7 da Candidatura do PSdeG- PSOE de Oia; Lara Domínguez Rodríguez, nº 6 da Candidatura do PSdeG- PSOE de Oia e María Hortensia Villamarín Durán, nº 9 da Candidatura do PSdeG-PSOE de Oia.

Para Gerardo Rodríguez Refojos non hai máis que mirar aos concellos limítrofes, onde se ten feito un gran avance nos últimos anos, e en Oia ese avance e ese progreso non se ten materializado máis que en catro accións puntuais, e todas elas realizadas grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra da Socialista Carmela Silva, preguntándose -Onde estivo o PP nestes últimos anos? E a Xunta de Galicia?-

Remata o candidato á Alcaldía de Oia polo PSdeG-PSOE que este domingo é moi importante o voto útil, un voto aos socialistas, para non ter que lamentarnos despois do desgoberno do PP e apostar polo avance e o progreso, que só poden vir da man dun goberno do PSdeG-PSOE en Oia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí