Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Gerardo Rodríguez Refojos presentado como candidato á Alcaldía de Oia polo PSdeG-PSOE

Gerardo Rodríguez: estou aquí para gobernar Oia, para gobernar un municipio cheo de riqueza, pero que nas mans do PP está nun fora de xogo

Gerardo Rodríguez: estou aquí para gobernar Oia, para gobernar un municipio cheo de riqueza, pero que nas mans do PP está nun fora de xogo

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Diciembre de 2022

Fuente: Socialistas de Oia

Na xornada deste sábado día 3 de decembro de 2022 tiña lugar o acto de Presentación do Candidato á Alcaldía de Oia polo PSdeG-PSOE, Gerardo Rodríguez Refojos, un acto que contou tamén coa presencia e intervencións do Secretario Xeral Provincial do PSdeG-PSOE, David Regades; da Presidenta do PSdeG-PSOE, Carmela Silva e preto dun cento de amigos, simpatizantes e afiliados socialistas, que participaron tamén nun Xantar de convivencia tralo remate do acto.

A presentación de Gerardo Rodríguez Refojos como candidato á Alcaldía de Oia polo PSdeG-PSOE tivo lugar no Restaurante O Lugar de Viladesuso-Oia, e arrancou cunhas verbas do concelleiro socialista Américo de Oliveira, que se encargou de dirixir o acto e dar paso a David Regades, Secretario Xeral Provincial do PSdeG-PSOE.

En palabras de Regades, “Oia precisa un cambio, precisa un novo goberno socialista, un goberno local que aposte polo futuro de Oia, comprometido cos veciños e veciñas e cos proxectos que fagan progresar a un municipio moi castigado por un PP que non fai máis que dilapidar e malgastar os fondos públicos, os cartos de todos os veciños de Oia. É por iso que Oia precisa a Gerardo, un candidato comprometido co municipio e que defenderá os intereses de todos e de todas”

Despois das palabras de Regades tocáballe a quenda de intervención a Carmela Silva Presidenta do PSdeG-PSOE, quen amosou o enorme traballo dos Socialistas de Oia na oposición, un traballo que se verá recompensado co paso de Gerardo á fronte do goberno municipal de Oia nos vindeiros comicios electorais de 2023, resaltando que “é o momento de que os socialistas gobernen Oia, un municipio que ten sufrido o caciquismo do PP por moitos anos e que merece un goberno xusto para os seus cidadáns, e ese goberno virá da man de Gerardo Rodríguez Refojos e dos Socialistas de Oia”.

Xa para rematar era a quenda de intervención do Candidato á Alcaldía de Oia polo PSdeG-PSOE, Gerardo Rodríguez Refojos, unha intervención moi emotiva na que pediu a todos os veciños e veciñas de Oia o seu apoio para dar o cambio que precisa Oia, indicando que “estou aquí para gobernar Oia, para gobernar un municipio cheo de riqueza, pero que nas mans do PP está nun fora de xogo”. Animou a todos e todas as socialistas de Oia a que difundan o compromiso de Gerardo con Oia ante a deixadez e abandono a que ten sometido ao municipio o actual goberno do PP, Gerardo Rodríguez Refojos será o próximo alcalde de Oia, iso é algo que xa ninguén pon en dúbida e así o reflectirán os votos nos vindeiros comicios electorais de 2023.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí