Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Goián celebra este domingo o seu tradicional desfile de entroido

Conta cada ano cunha grande afluencia de participantes e espectadores

Conta cada ano cunha grande afluencia de participantes e espectadores

Fecha: 17 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Goián xa está a prepararse para celebrar o seu tradicional Entroido do 10 ao 14 de febreiro cunha programación que un ano máis terá desfile, carreira de carretillas, verbenas e sopa como protagonistas principais. Organizada pola Asociación de Entroido de Goián en colaboración co Concello de Tomiño, a Deputación de Pontevedra e a Comunidade de Montes de Goián, cada ano este evento reúne a unha grande afluencia tanto de participantes como de público, que se achega ata a zona para desfrutar duns días de música, troula e disfraces.

A festa comezará o sábado 10 de febreiro ás 09.30 horas cos veciños e veciñas da zona acompañando á banda de gaiteiros percorrendo as rúas da parroquia para ‘facer a pedida' e recoller algunhas das cousas que se empregarán ao longo dos cinco días de celebración.

O domingo chegan algúns dos pratos fortes do Entroido goianés: pola mañá, ás 12.00 horas, desfile de disfraces cos nenos e nenas pola zona, e pola tarde música con O Trebón dos Xibos e, a partir das 17.00 horas, a VIII Carreira de Carretillas, que rematará con premios á carretilla mellor tuneada ou aos condutores mellor disfrazados, entre outros. Xa pola noite, ás 22.30 horas, chega o tempo da verbena cos grupos América e Jacobeo e, ás 01.00 horas, reparto de premios aos mellores disfraces.

O día 12 a parroquia retoma o Entroido coa verbena nocturna a cargo de Jerusalén e Aramio. O martes 13 de febreiro Goián volve a ter outro dos pratos fortes do Entroido: o tradicional desfile de carrozas e comparsas pola Avenida Ordóñez, que cada ano reúne a centos de persoas para desfrutar dunha tarde de música e risas. Ao remate do desfile, a organización repartirá sopa entre todos os asistentes, tanto participantes como público. Pola noite, ás 21.00 horas, haberá de novo verbena amenizada por Nevada Band.
 
NOTA: O desfile aprázase para as 16:00h da tarde do domingo 18 de febreiro.

A celebración do Entroido rematará o mércores 14 co tradicional Enterro da Taíña, con pasarrúas e fogos artificiais. Ademais, durante toda a semana o público poderá gozar da música da treboada Baixo Miño e o torreiro do festexo estará cuberto baixo unha gran carpa para facer fronte ao posible mal tempo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones