Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Goián estrea rúa no barrio de Tollo co nome de Xoán Piñeiro, un dos seus grandes escultores

Antes da inauguración do vial, tivo lugar no salón do Centro Goianés a presentación do libro -Xoán Piñeiro-, publicado pola Fundación do mesmo nome, con apoio do Concello de Tomiño

Antes da inauguración do vial, tivo lugar no salón do Centro Goianés a presentación do libro -Xoán Piñeiro-, publicado pola Fundación do mesmo nome, con apoio do Concello de Tomiño

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Diciembre de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

Goián conta cunha rúa bautizada como "Rúa Xoán Piñeiro". A placa foi descuberta durante un emotivo acto organizado pola Fundación Xoán Piñeiro, co beneplácito do Concello. Na placa, de bronce, pode verse ademais do nome da rúa, o rostro do escultor, inmortalizado na mesma con gran fidelidade, polo escultor Carlos Fernández.

 

O acto inscríbese na celebración do  centenario do se nacemento do artista, nado en Nerga (parroquia de Hío, concello de Cangas) e afincado en Goián, de onde era a súa dona (Carmen Álvarez), residindo antes en Madrid e outras cidades. A rúa (situada no barrio goianés de Tollo), é xusto sobre a que estaba o estudo do escultor e a súa casa, polo que ao Concello pareceulle moi atinada a proposta da fundación de bautizala co nome do artista. “Pareceunos moi interesante a suxestión da fundación, xa que é unha forma de agradecer e recoñecer o legado deste grande artista”, comenta a alcaldesa.

 

Antes da inauguración do vial, tivo lugar no salón do Centro Goianés a presentación do libro “Xoán Piñeiro”, publicado pola Fundación do mesmo nome, co apoio do Concello de Tomiño, entre outros, tivo que adiarse un ano por mor da pandemia.

 

Presidiron o acto Gustavo Hervella (historiador), Cuqui Piñeiro (filla do escultor), Xesús Vázquez (presidente da Fundación) e Sandra González (alcaldesa de Tomiño). O volume, no que se relata vida e obra do artista, inaugura a colección “Nerga”, unha serie de monográficos pensados “para combater o abandono do pensamento escultórico”. Un primeiro libro dunha serie que estudará aos escultores galegos, reflexionando sobre a súa obra e o seu tempo. Entre os autores figuran Chus Martínez Domínguez (coordinadora); Gustavo Hervella García, Miriam Elena Cortés López e Carla Fernández Martínez.

 

A Fundación Xoán Piñeiro (nada 1998 co fin de divulgar, protexer, e defender a obra de Piñeiro) presentou primeiramente o volume en Cangas, a terra do escultor, para iniciar logo en Goián unha xira por varios puntos relacionados coa vida do artista. O domicilio da entidade está xustamente no lugar de Tollo e o desexo da familia e restantes membros do patronato é seguir a filosofía do escultor “ que promoveu desde a xenerosidade a actividade escultórica”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí