Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Gon Caride estrea a súa lenda sobre a Morte no Rosal e Tomiño

O cineasta proxectará o seu novo filme -O Grilo- este domingo 5 no auditorio rosaleiro

O cineasta proxectará o seu novo filme -O Grilo- este domingo 5 no auditorio rosaleiro

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Junio de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O cineasta rosaleiro Gon Caride segue a ser profeta na súa terra. O galardoado director desembarca de novo no Baixo Miño para estrear o seu novo filme, ‘O Grilo’, no territorio que o veu nacer e crecer: O Rosal e Tomiño. As primeiras sesións serán esta mesma fin de semana no auditorio municipal rosaleiro con dobre pase o domingo 5, o primeiro ás 20.00 h e o segundo ás 21.00 h, para que o público poida desfrutar deste documental que ten á Morte como protagonista. En Tomiño a proxección da curta será o vindeiro o vindeiro 25 de xuño no auditorio municipal de Goián.

Para o Concello do Rosal é todo un orgullo poder acoller o estreo do traballo “dun gran profesional e un gran veciño, un artista que enriquece as nosas vidas coas súas creacións e que, con elas, é embaixador da cultural do noso municipio e do Baixo Miño polo mundo”, salienta a alcaldesa rosaleira, Ánxela Fernández Callís.

Pola súa banda, a rexedora tomiñesa, Sandra González, destacou a importancia “de dar visibilidade e apoiar aos grandes talentos que temos nos nosos concellos e amosar ao resto de veciños e veciñas que dende o rural poden terse e cumprirse grandes soños. É un orgullo que os actores e actrices da curta, nenos e nenas, saíran da Escola Municipal de Teatro, porque demostra que apostar pola cultura de base ten o seus froitos”.

Con ‘O Grilo’, Gon Caride recolle a lenda que conta que a Morte cada cen anos convértese en persoa e por un día convive coa veciñanza para entender mellor a aqueles e aquelas que terá que vir a recoller. Unha curtametraxe narrativa diverxente que habita entre a ficción, o documental e o founf footage para plantexar ao público unha reinterpretación da figuura da Morte. Como explica o director, “con esta curta realizamos unha viaxe melancólica a un pasado que nunca existiu para reformular un futuro ao que nos aterra ter que enfrontarnos”.

Cunha dilatada bagaxe internacional, Gon Caride rodou a súa primeira curtametraxe, ‘October’, en Polonia, con fala rusa, peza que foi seleccionada por varios festivais internacionais e tamén polo Instituto Cervantes dentro do seu programa itinerante “El Nuevo Talento del Cortometraje Español”. Despois chegaron ‘Impermanencia’ e ‘Deux Options’, que foi seleccionada en máis de 55 festivais internacionais e acumula 9 premios de prestixio, entre eles, mellor guión e mellor actuación masculina no Festival de Cans, mellor curtametraxe no Kazan International Muslim Film Festival (Rusia) e mellor director e mellor drama nos Independent Short Awards (EEUU).

As rexedoras animan a toda a veciñanza a achegarse a calquera das citas programadas no Rosal e Tomiño e a gozar deste corto son sabor local.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí