Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Gondomar acolle unha exposición sobre a dimensión máis humana de Antón Alonso Ríos

A mostra inaugurarase este sábado 17 no auditorio Lois Tobío coa conferencia de Carlos Méixome, membro do Instituto de Estudos Miñoranos

A mostra recrea unha aula da época, con mobles e instrumental orixinais, así como obxectos documentais cedidos pola Fundación Peirópolis de Estás.

Fecha: 16 de Marzo de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Unha mostra coa que "chegar ao ser humano, á persoa que hai detrás desa figura mítica". Así explica a súa comisaria, Natalia Jorge, como será a exposición sobre Antón Alonso Ríos que chega este sábado 17 de marzo ao auditorio Lois Tobío de Gondomar. "Búscase amosar outra dimensión de Alonso Ríos, descubrir á persoa que había detrás das súas publicacións, e desvelar ao público esas tres etapas polas que pasou e que tan ben reflexadas están en tres cadros que se poden ver na exposición: como mestre e a nivel político, como esmoleiro para escapar da represión franquista e xa maior, co seu fillo nas mans, a un nivel máis persoal", salienta Jorge.

Organizada polo concello tomiñés, onde a mostra estivo aberta ao público o pasado mes de outubro, a exposición fai un percorrido polo periplo vital e a longa traxectoria do mestre, político e escritor silledense, que desenvolveu unha gran labor docente en Tomiño nos anos 30 do século pasado.

A mostra recrea unha aula da época, con mobles e instrumental orixinais, así como obxectos documentais cedidos pola Fundación Peirópolis de Estás. Ademais o público poderá atopar libros relacionados coa biblioteca persoal de Alonso Ríos durante a súa estadía en Bos Aires, todo cedido pola propia familia do autor. Nesta biblioteca o poderá atopar exemplares de filosofía, orixinais de publicacións súas ou a correspondencia enviada a Isaura Gómez Pérez, veciña de Tomiño, a quen escribiu dende 1975 atan o seu pasamento en 1980 e na que se reflicte o pensamento do autor nos anos posteriores á ditadura franquista.

Alonso Ríos foi un dos persoeiros máis destacados na historia galega do último século polo seu labor pedagóxico, político e pola súa implicación no movemento agrarista. A súa obra máis emblemática, ‘Siñor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da morte', trátase dunha obra descatalogada e moi demandada polo público.

A mostra, que poderá visitarse ata o 31 de marzo (de 16.00 a 20.00 horas), inaugurarase coa conferencia de Carlos Méixome, profesor e membro do Instituto de Estudos Miñoranos, institución que garda documentos orixinais relativos á figura do Siñor Afranio, dende manuscritos orixinais do libro ata unha fotografía orixinal, a única existente deste personaxe, a correspondencia cruzada con Álvarez Blázquez e Alonso Ríos ou unha novela inédita mecanografada titulada ‘Nidia'.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones