Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Gonzalo Caballero denuncia dende Tui o desmantelamento da atención primaria por parte da Xunta: Fortalecer a atención primaria é prioritario para a cidadanía galega

O deputado socialista critica o abandono da Xunta aos centros de saúde e os PAC da comarca do Baixo Miño, unha situación que exemplifica que está ocorrendo en toda Galicia

O deputado socialista critica o abandono da Xunta aos centros de saúde e os PAC da comarca do Baixo Miño, unha situación que exemplifica que está ocorrendo en toda Galicia

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Febrero de 2022

Fuente: PSdG-PSOE

O deputado socialista Gonzalo Caballero asistiu hoxe, en Tui, á mobilización para denunciar o desmantelamento da atención primaria na comarca do Baixo Miño.

 

“Fortalecer a atención primaria é prioritario para a cidadanía galega”, reivindicou o parlamentario socialista, logo de lamentar a situación de “abandono” por parte do goberno galego na que se atopan os PAC e os centros de saúde do Baixo Miño, cos que “se exemplifica o que está ocorrendo en toda Galicia a consecuencia dos recortes da Xunta do PP”.

 

Neste marco, o socialista denunciou unha “política sanitaria errática” por parte do goberno galego. “As listas de espera na atención primaria poñen de manifesto un problema estrutural que levamos moito tempo denunciando”, incidiu, logo de sinalar que no centro de saúde de Tui hai dous médicos e un pediatra de baixa e “as demoras para poder ser atendido por un médico acadan xa as dúas semanas”.

 

A isto hai que sumar, lembrou, a "lamentable" decisión do Sergas de restrinxir durante varios días no Nadal a actividade sanitaria en 14 centros da área sanitaria de Vigo, entre os que se atopaban os concellos veciños da Guarda, O Rosal e Tomiño. “Feijóo e o PP están deixando a sanidade pública galega nunha situación límite", sentenciou.

 

Por todo isto, o deputado socialista instou ao goberno galego a “buscar solucións urxentes” para “fortalecer” a sanidade pública galega e, especificamente, a atención primaria. “Cómpre mudar a política de recortes de persoal e apostar por un plan extraordinario de reforzo”, concluíu, xa que esta “é a única forma de facer fronte ás dificultades que está pasando a sanidade pública galega”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí