Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Gran acollida á exposición que visibiliza ás mulleres traballadoras do Rosal no Centro Galego de Arte Contemporáneo

A exposición -Mulleres, traballo e memoria- da artista Mar Caldas triunfa no CGAC cunha proposta que reivindica a loita, o traballo e a dignidade das mulleres galegas, incluídas varias rosaleiras.

A exposición -Mulleres, traballo e memoria- da artista Mar Caldas triunfa no CGAC cunha proposta que reivindica a loita, o traballo e a dignidade das mulleres galegas, incluídas varias rosaleiras.

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Marzo de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O poder das historias femininas do Rosal brillou esta semana no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), onde a exposición Mulleres, traballo e memoria, da artista viguesa Mar Caldas, recibiu unha cálida acollida por parte do público. Organizada polo Concello do Rosal, a visita contou con arredor de 36 participantes que viaxaron ata Santiago para vivir unha experiencia cultural e emocional única.

A mostra pon no centro da escena o papel histórico das mulleres galegas, cun enfoque artístico e feminista que cuestiona os relatos tradicionais da arte e da sociedade. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, destacou a relevancia da proposta: “Foi unha experiencia emocionante. Ver reflectidas as mulleres da nosa vila nun espazo tan importante como o CGAC énchenos de orgullo, porque é unha mostra do seu traballo e da súa historia, que tantas veces quedou invisibilizada”.

No corazón da exposición atópanse catro pezas pertencentes á serie Facedoras do Baixo Miño, que renden tributo ás profesións femininas tradicionais do Rosal. Estas obras reinterpretan iconografía clásica inspirada en mestres da pintura como Rembrandt, Velázquez ou Goya, desde unha óptica contemporánea e reivindicativa.

Outro dos espazos máis destacados da exposición é a videoinstalación 100% Contigo, na que fotografías de mulleres rosaleiras traballadoras, acompañadas de textos explicativos, renden homenaxe aos coidados, á agricultura e a outros traballos frecuentemente invisibilizados. Un recoñecemento visual e poético ao esforzo diario destas mulleres e ao seu papel vital na comunidade.

O Concello do Rosal valorou moi positivamente a resposta do público e agradeceu a implicación do fotógrafo Luis Dorado, autor das imaxes da visita. A institución subliña a importancia de seguir promovendo actividades culturais que poñan en valor a historia, o legado e a identidade das mulleres do municipio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí