Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Gran papel do Teixugo Manuel Ochoa na ICF Ranking de Epinal en Francia

Superou sen problemas cuartos de final e semifinais, e, na final, rematou terceiro, por detrás do neocelandés Finn Butcher e do francés Paul Aubertin.

Superou sen problemas cuartos de final e semifinais, e, na final, rematou terceiro, por detrás do neocelandés Finn Butcher e do francés Paul Aubertin.

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Junio de 2023

Fuente: Rosa Fernández Carrera

Na canle de Epinal en Francia celebrouse esta semana unha ICF Ranking a que acudiu Manuel Ochoa do Club deportivo Miño. As ICF Ranking son probas internacionais puntuables para o ranking oficial, pero de participación libre. Esta proba contou coa participación de cento trinta deportistas de doce países diferentes.

Na proba de slálom, modalidade K1, a máis numerosa con máis de 50 participantes, o tomiñés conseguiu meterse en semifinais sen demasiado problema, aínda que con unha baixada lenta. No domingo superou as semifinais co oitavo mellor tempo, e, xa nas finais, fixo unha baixada espectacular e rapidísima, pero na penúltima porta os xuíces determinaron que non a pasara correctamente e penalizárono con 50 segundos, rematando a proba en undécima posición.

Na mesma canle, o sábado pola tarde, celebrouse un Open de kayak cross. Nos “time trials” ou contra reloxo Manu Ochoa logrou o mellor tempo de tódolos participantes. Superou sen problemas cuartos de final  e semifinais, e, na final, rematou terceiro, por detrás do neocelandés Finn Butcher e do francés Paul Aubertin.

Esta semana teremos a outro teixugo en probas internacionais. Luís Fernández participará nos xogos europeos que se celebran en Cracovia, Polonia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí