Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Grande éxito do curso de elaboración artesanal de ungüentos de Eurural celebrado no Rosal

As persoas participantes destacaron estar contentos pola súa participación no curso e por todo o aprendido durante este dous días.

As persoas participantes destacaron estar contentos pola súa participación no curso e por todo o aprendido durante este dous días.

Fecha: 12 de Marzo de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Grande éxito de participación no curso de elaboración artesanal de ungüentos que a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural celebrou esta semana no Rosal ao abeiro da terceira edición do programa ‘Coas mans na masa'. Durante dous días as persoas participantes aprenderon a realizar cremas, pinturas, xabóns, aceites... con recursos naturais que se atopan na contorna da man de Amparo Grandío, enxeñeira técnica agrícola e licenciada en tecnoloxía da alimentación con máis de 20 anos de experiencia.

Este curso, celebrado no barrio das Eiras, ten un dobre obxectivo: por un lado, animar ao uso particular dos produtos elaborados e, por outro, formar ás persoas participantes na transformación de materia prima agraria en produtos de calidade con valor engadido no mercado para a súa posible comercialización posterior.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, agradeceu a asistencia ao curso a todas e todos os participantes durante a entrega de diplomas á clausura do curso. As persoas participantes destacaron estar contentos pola súa participación no curso e por todo o aprendido durante este dous días.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones