Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Grande respaldo da veciñanza á concentración da Plataforma para a Defensa da Sanidade do Rosal

As mobilizacións repetiranse semanalmente ata que a Consellería de Sanidade dea solución aos problemas de asistencia sanitaria no municipio

As mobilizacións repetiranse semanalmente ata que a Consellería de Sanidade dea solución aos problemas de asistencia sanitaria no municipio

Fecha: 09 de Julio de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Importante respaldo da veciñanza á mobilización convocada pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal para este mércores 8 diante do centro de saúde rosaleiro como medida de protesta ante a falta de resposta por parte da Consellería de Sanidade ante as reiteradas denuncias sobre o deterioro da asistencia primaria no municipio.

A través desta concentración reivindicábase que se cubran as vacacións dos facultativos para evitar que o centro de saúde quede tan só con dúas médicas durante os meses de verán e agrave unha situación xa insostible nestes intres, cunha demora media de 20 días nas citas de atención primaria e sen posibilidade de atender as consultas domiciliarias. Tamén se reclamou solución aos problemas de traslado ata o Hospital Álvaro Cunqueiro dos enfermos crónicos, que se están a facer sen atender ás medidas de seguridade e prevención necesarias, así como a outros problemas recollidos nun informe trasladado á Consellería como a carencia de espazos ou equipamentos.

Estas mobilizacións repetiranse cada semana ata que a Concellería de Sanidade da Xunta de Galicia dea resposta e solución a todos estes problemas.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones