Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Hawai, Colombia, Costa Rica, Bolivia e África do Sur protagonizan a XVII Noite Internacional do Miño

Será o próximo martes, 26 de xullo, ás 21.30h no parque do Laxal en Rebordáns

Será o próximo martes, 26 de xullo, ás 21.30h no parque do Laxal en Rebordáns

Fecha: 23 de Julio de 2016

Fuente: Concello de Tui

O Parque do Laxal en Rebordáns, en Tui, acolle o próximo martes, 26 de xullo, ás 21.30h a XVII Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Música e Baile San Fins coa colaboración do Concello de Tui. Serán cinco grupos internacionais de Hawai, Colombia, Costa Rica, Bolivia e África do Sur os que presenten a súa música, bailes e traxes a través do seu folclore nun espectáculo que cada ano reúne a centos de persoas. Amais a propia Escola de Música e Baile San Fins será a encargada de abrir as actuacións.

Ahuna Ohana é o nome do grupo que chega dende Hawai para realizar unha representación da espada de lume samoano e danzas de tradición "navaja" amais dunha canción hawaiana homenaxe á raíña de Inglaterra. Dende Matambú de Hojancha en Costa Rica chega o grupo danza Folclórica Matambú creada en 2003 para recuperar as danzas tradicionais e representacións indíxenas ancestrais. As danzas tradicionais de Bolivia chegarán da man do Ballet Folclórico de la Paz que aborda nos seus espectáculos, caracterizados por unha rica coreografía, a diversidade cultural, de tradicións, costumes e ritos do seu país. Mentres o Ballet Folclórico Nacional Jaime Orozco, de Bogotá, Colombia, conta cun alto nivel artístico no que mestura a danza tradicional co estilismo nas máis de 200 coreografías que teñen en repertorio. Por último dende Sudáfrica chegará ata o Parque do Laxal o grupo Themba Njilo Foundation formado por 35 mozos que levarán a escena un espectáculo dinámico e enérxico con música con tradicións Zulu.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones