Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Historia e igualdade: O Rosal visibiliza ás súas mulleres no Día Internacional da Muller

O Concello organiza un roteiro guiado pioneiro que percorrerá as historias de mulleres clave no desenvolvemento do municipio. A xornada culminará cunha concentración na Praza do Calvario.

O Concello organiza un roteiro guiado pioneiro que percorrerá as historias de mulleres clave no desenvolvemento do municipio. A xornada culminará cunha concentración na Praza do Calvario.

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Marzo de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

Este 8 de marzo, O Rosal conmemora o Día Internacional da Muller cunha iniciativa pioneira para reivindicar o papel das mulleres na historia do municipio. O roteiro guiado ‘8 Mulleres’ permitirá ás persoas participantes coñecer as historias de mulleres rosaleiras que foron fundamentais no desenvolvemento local, pero cuxo legado permaneceu, en moitos casos, silenciado.

A actividade dará comezo ás 10:00 horas desde a Casa do Concello e seguirá un itinerario circular urbano de 3 quilómetros con 8 paradas significativas. En cada unha delas abordarase a figura de mulleres concretas ou o impacto que tiveron no Rosal, así como espazos con legado feminino ou cunha ausencia destacada del. A participación é totalmente gratuíta, pero require inscrición previa chamando ao 986 625 000. Ademais, todas as persoas inscritas recibirán un agasallo conmemorativo.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, subliñou a importancia desta iniciativa afirmando que "con este proxecto seguimos revolucionando mentes e reivindicando o papel fundamental que tiveron e teñen as mulleres na nosa historia e na nosa sociedade. O 8M é unha data clave para seguir recoñecendo os seus logros e loitas, avanzando cara a unha igualdade real".

Pola súa parte, a concelleira de Igualdade, Beatriz Rodríguez, destacou que "é fundamental sacar á luz todas esas historias femininas que quedaron agochadas e que non se poden atopar nos libros de historia. Con este roteiro non só recoñecemos ás mulleres do Rosal, senón que tamén reflexionamos sobre as desigualdades e os retos que aínda temos por diante".

A programación conmemorativa do 8M en O Rosal finalizará cunha concentración na Praza do Calvario ás 13:00 horas, onde a veciñanza poderá unirse para reivindicar os dereitos e a igualdade de todas as mulleres.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí