Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Homenaxe á atleta guardesa Julia Vaquero no CEIP MR Sinde da Guarda

A atleta guardesa, unha das mellores da historia de Galicia se non a mellor, presenciou en primeiro lugar unha breve presentación realizada polo alumnado de sexto de primaria e logo realizouse o visionamento dun vídeo con momentos destacados da súa dilata

A atleta guardesa, unha das mellores da historia de Galicia se non a mellor, presenciou en primeiro lugar unha breve presentación realizada polo alumnado de sexto de primaria e logo realizouse o visionamento dun vídeo con momentos destacados da súa dilata

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Febrero de 2024

Fuente: CEIP Manuel Rodríguez Sinde

Tras inaugurar con Estela Doiro o muro de Deporte en igualdade no pavillón do centro a finais de 2023, a semana pasada realizouse unha nova homenaxe no CEIP Manuel Rodríguez Sinde, nesta ocasión a homenaxeada foi a olímpica Julia Vaquero.

 

A atleta guardesa, unha das mellores da historia de Galicia se non a mellor, presenciou en primeiro lugar unha breve presentación realizada polo alumnado de sexto de primaria e logo realizouse o visionamento dun vídeo con momentos destacados da súa dilatada carreira deportiva. Todo isto aconteceu na biblioteca onde tamén asinou no libro de visitas.

 

Xa no pavillón, Julia recibiu un pequeno agasallo e, tras un baile do alumnado de 4º de primaria, descubriu a lona que dá recoñecemento do valor dos seus méritos deportivos e do esforzo realizado para acadalos. Julia comentou que a imaxe, aínda que semella a entrada na meta en primeiro posto, en realidade pertence ao momento de finalización dunha carreira en Sevilla tras unha etapa na que tivo que superar unha lesión. “Ás veces hai victorias que non consisten en chegar en primeiro lugar”.

 

Tras unha sesión de photocall e de dedicar autógrafos a todo o alumnado que llo solicitou, as rapazas e os rapaces de sexto de primaria realizaron unha extensa entrevista na Radio Papaventos que se emitiu no centro o xoves 1 de febreiro e está dispoñible na web corporativa do centro.

 

Para a comunidade do Sinde foi unha enorme honra poder contar coa visita desta gran campioa e devolver parte do agarimo con que nos tratou.

 

Grazas, Julia!

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí