Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Homenaxe á deportista Estela Doiro no CEIP Manuel Rodríguez Sinde da Guarda

O mércores 29 de novembro o CEIP Manuel Rodríguez Sinde homenaxeou a unha das súas alumnas máis senlleiras.

O mércores 29 de novembro o CEIP Manuel Rodríguez Sinde homenaxeou a unha das súas alumnas máis senlleiras.

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Diciembre de 2023

Fuente: CEIP Manuel Rodríguez Sinde

O mércores 29 de novembro o CEIP Manuel Rodríguez Sinde homenaxeou a unha das súas alumnas máis senlleiras. O acto serviu para inaugurar o muro denominado “Deporte en igualdade” do pavillón do centro no que se prevé ir recoñecendo a traxectoria das persoas da vila con maior relevancia neste campo. Esta actividade forma parte dos Contratos-Programa da Consellería de Educación.

 

Estela, unha das mellores deportistas da Guarda, foi a escollida pola súa vinculación ao centro como estudante na súa infancia e en visitas posteriores.

 

Previamente, na biblioteca do colexio, Estela asinou no libro de visitas da mesma e fíxose un visionamento dun vídeo con imaxes de momentos destacados da vida e da carreira da xogadora guardesa nos distintos equipos dos que formou parte e no seu paso polas seleccións galegas e española.

 

Xa no pavillón, tras un baile do alumnado de 3º de primaria, Estela recibiu un pequeno agasallo do centro e con posterioridade descubriu a lona que recoñece o seu labor no deporte e como referencia de esforzo, dedicación e paixón no seu ámbito.

 

Por último, o alumnado de 6º de educación primaria realizoulle unha entrevista na Radio Papaventos que xa se pode escoitar na web do centro no podcast correspondente ao programa 39 da emisora escolar.

 

Estela, que se amosou moi próxima e agarimosa coas nenas e nenos do Sinde, é un exemplo a seguir para todo o alumnado do centro que pode ver que unha rapaza que estudou nas mesmas aulas chegou a ser un referente tanto no deporte, grazas aos éxitos acadados, coma no camiño a seguir en prol da igualdade na sociedade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí