Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Homenaxe ao D. Isaac polos seus 50 anos no Rosal

O Concello agasallouno cun Castelao de Sargadelos por este medio século, no que se converteu en figura fundamental do desenvolvemento social rosaleiro

O Concello agasallouno cun Castelao de Sargadelos por este medio século, no que se converteu en figura fundamental do desenvolvemento social rosaleiro

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Septiembre de 2020

Isaac Penelas cumpre 50 anos ao fronte da parroquia de Santa Mariña do Rosal, medio século de vida no que o crego converteuse nun piar do desenvolvemento do municipio. Por este motivo, o Concello rendeulle este venres unha homenaxe agasallándoo cunha figura de Castelao de Sargadelos gravado coa frase ‘Grazas D. Isaac por estes 50 anos no Rosal’.

Comprometido socialmente, durante estas cinco décadas D. Isaac foi alén das súas obrigas eclesiásticas ata ser un persoeiro fundamental do desenvolvemento social do Rosal, tendo un papel relevante na defensa dos intereses da veciñanza e protagonizando momento relevantes da historia rosaleira dos últimos anos.

Basta lembrar a súa decisiva achega na defensa dos intereses agrarios na loita dos anos 70 do pasado século por impedir que as augas do río Tamuxe remataran en usos alleos fóra do concello. Tamén o seu desinteresado traballo durante décadas, primeiro na creación da cooperativa agraria do Pilar e despois no desenvolvemento e xerencia da mesma, tempos nos que acadou os seus mellores resultados.

Moitas grazas D. Isaac por este medio século de dedicación, pola súa proximidade, humildade e implicación.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí