Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

HOXE COMEZA A XIX FEIRA DO VIÑO DO ROSAL - 15, 16 E 17 DE XULLO 2011

Celebraráse os días 15, 16 e 17 de Xullo de 2011 na Praza do Calvario no Rosal

Fecha: 15 de Julio de 2011

Fuente: www.concellodorosal.es

CARTEL FERIA DO VIÑO 2011
 

Este ano celebramos a XIX Feira do Viño do Rosal, que unha vez máis reúne na Praza do Calvario a numerosas empresas vitícolas xa consolidadas e outras máis novas en período de crecemento. Esta feira ten un dobre obxectivo de promoción empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro.

As datas da mesma serán o 15, 16 e 17 de xullo.

Todas as adegas participantes pentencen a  Denominación de Orixe Rías Baixas e, en concreto a Subzona do Rosal, que abrangue ó Baixo Miño.

 

1.- GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS DA FEIRA DO VIÑO 2011.

 

O guardés Diego Valado Montero gaña o concurso de carteis da XIX Feira do Viño do Rosal

Natural da Guarda, de 35 anos,  empezou a facer os seus primeiros pasos en debuxo con 7 anos grazas a  Alicia Alonso e a partir de entón creceu a súa afección polo debuxo, isto influíu para que se decidise a estudar Delineación (deseño de interiores).

 

Máis tarde realizou os estudos de Enxeñería Técnica Industrial e mentres tanto continuou debuxando e acercándose ao deseño con novas tecnoloxías. Durante a universidade presentouse por primeira vez a un concurso de cartelismo resultando gañador, e dende entón, preséntase esporadicamente a distintos certames.

Profesionalmente dedícase ao deseño de maquinaria técnica industria, pero sempre atopa un momento para seguir pintando.

 

Máis información:

Diego Valado Montero

C/ Brasilino Álvarez nº 2, 3º

Teléfono de contacto: 660 013 294

 

2.- INAUGURACIÓN DA FEIRA

 

A  XIX Feira do Viño do Rosal, que se celebrará os días 15, 16 e 17 de xullo na Praza do Calvario, e que reúne á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal. A Inauguración levarase a cabo o venres 15, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario. A persoa encargada de inaugurar a Feira será o Conselleiro de Presidencia, D. Alfonso  Rueda Valenzuela.

 

A feira que está consolidada recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.

 

 

3.- ORZAMENTO FEIRA

 

Sobrepasou os  42.000€ na pasada edición.

 

Gastos principais: publicidade, iluminación, son, decoración, persoal, stands e carpas, ambientación musical...

 

Ingresos: achega do concello e subvencións de varias institucións (Xunta de Galicia, Consello Regulador, Deputación Provincial, Cámara de Comercio de Tui) e  venda de cataviños.

 

4.- DISPOSICIÓN DO RECINTO FEIRAL

 

Na Praza:

Stands: 8 adegas, 1 de produtos vexetais, Consello Regulador da D.O. Rías Baixas e Ruta do Viño Rías Baixas (ver documentación anexa)

Carpas: produtos gastronómicos (polbo, carne ó caldeiro, empanada, postres caseiros, embutidos...)

Nos soportais do concello: Stand de Voluntariado da Feira do Viño. ¡¡¡ NOVIDADE ¡¡¡ (ver documentación anexa)

 

No centro da praza: Información e venda de cataviños

 

5.- AMBIENTACIÓN MUSICAL

 

Venres, a partir das 22:00: Charanga  Os Charamujas

Sábado, a partir das 20:30 horas: Charanga Big Bandbaiona

Domingo, a partir das 20:30 horas: Charanga Vaite Xa

 

6.- SERVIZO GRATUÍTO DE TRANSPORTE

 

Igual que en edicións anteriores, haberá un servizo gratuito de transporte entre A Guarda e O Rosal.

7.-  STANDS PREVISTOS

 

  1. Pedregales
  2. Aldea de Abaixo
  3. Quinta Couselo
  4. Lar do Vieira
  5. Santiago Ruiz
  6. Lagar de Fornelos
  7. Valmiñor
  8. Terras Gauda
  9. A Rosaleira; productos vexetais envasados.
  10. Consello Regulador e Ruta do Viño Rias Baixas

 

8.- PRODUTOS GASTRONÓMICOS PREVISTOS

1.    Restaurante Xantar

  1. Restaurante Xeito
  2. Restaurante O Roxo
  3. María Teresa Piñeiro Romero
  4. Sebastián Guerreiro Carnero

 

9.- PROGRAMA DA FEIRA 2011

 

Xoves, 14 de xullo

 

1ª Sesión das Xornadas Técnicas do Viño do Rosal

 

20.00 a 20.15: Recepción e entrega do material

 

20.15 a 20.30: Desde o Marqués  de Pombal ata hoxe: Regiao Demarcada do Douro

 

21.30 a 22.30: Cata comentada de viños de Porto

 

Sr. Pina Cabral – Enólogo da Bodega Quinta Nova

 

Venres, 15 de xullo

 

20.00 Inauguración a cargo do Conselleiro de Presidencia, D. Alfonso Rueda Valenzuela

 

20.30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal

 

22.00 Actuación da Charanga Os Charamujas

 

Sábado, 16 de xullo

 

2ª Sesión das Xornadas Técnicas do Viño do Rosal

 

10.00 a 10.30: Os viños da subzona do Rosal

 

10.30 a 11.45: Cata dos viños da subzona do Rosal participantes na Feira

 

11.45 a 12.15: Os viños maduros da Rexión do Douro

 

12.45 a 14.00: Cata de Viños maduros da Rexión do Douro

 

Sra. Mercedes González Rodríguez – Presidenta da Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia.

 

20:00 Actuación da Charanga Big Bandbaiona

 

Domingo, 17 de xullo

 

11:00 apertura do recinto feiral

 

20:00 Actuación da Charanga  Vaite Xa

 

24:00 Clausura da Feira

 

 

10.- ACTIVIDADES DURANTE A FEIRA

 

EXPOSICIONS DO 15 Ó 25 DE XULLO

 

HORARIO:

            De luns a venres: de 11:00 a 13:00 horas

            Sábados e domingos: de 11:00 a 13:00  e de 20:00 a 22:00 horas

 

 

A – Exposición  no Salón de Exposicións

 

Colectivo “Médicos artistas plásticos de Galicia”: Pintura, escultura en pedra,  fotografía, forxa en ferro, cerámica e gravado.  Este colectivo está constituído  actualmente por 40 profesionais da medicina, pertencentes a distintas especialidades e a diferentes centros de traballo en toda Galicia. Teñen como profesión a medicina e viven para a Arte no escaso tempo libre que lles deixa o exercicio profesional.

 
A maioría dedícase á pintura, outros á escultura en pedra, o forxado en hierra, a cerámica e a fotografía. Tamén hai quen se dedica ao gravado.

 

Este colectivo participou en diversas exposicións como por exemplo:

2008 Exposición itinerante “Non Camiño”, con ocasión do Ano Santo.

2009 Exposición en Valdeorras.

2009 Exposición en Ribadavia.

2011 Exposición no Carballiño

Con motivo do terremoto de Haití, fíxose unha exposición no SERGAS para recadar fondos para a reconstrución do país.  Ademais de participar nas exposicións colectivas, a maioría dos artistas tamén expón individualmente.

Máis información en http://webs.uvigo.é/mpsp/medicarte.

 

 

B – Exposición Filatélica no Salón de Exposicións

 

XVIII Exposición FILATÉLICA a cargo do Grupo Filatélico e Numismático VAL DE O ROSAL. O grupo Filatélico, igual que nas en anteriores edicións da feira do viño realizou un cuño conmemorativo do evento. Este cuño estamparase na correspondencia que saia do Rosal durante os días da Feria.

 

 

C – Exposición na Cámara Agraria do Rosal

 

Cerámicas de LEANDRO: Pezas artesanais de cerámica de deseño e fabricación propias.

 

SUSI VANBECK: Cadros de aplicacións en tela.

Naceu e creceu no suroeste de Inglaterra, os verdes outeiros de Devon e as relucentes cores da paisaxe das praias inglesas foron as que influíron na vida de Susi.

 

Sempre gozaba  facendo cousas pero a costura era o que mais lle gustaba. Traballou de encargada de vestiario, nunha compañía de teatro en Bristol e tamén nunha compañía de teatro itinerante, gustábanlle as cores brillantes e a emoción  e a emoción que lle producía o vestiario en escena.

 

Tivo que deixar de traballar debido a súa gran familia pero continuou cosendo non solo para os seus fillos, tamén deseñando roupa para unha tenda.

 

Inspirouse nun libro de pintura de Picasso para empezar a interpretar a súa obra con teas e tamén empezou a facer e vender colchas de aplique. Cando se mudou a Gales empezou a facer exposicións dos seus traballos inspirados nas paisaxes e tamén na pintura dos artistas que ela admiraba.

 

Viaxando por África quedouse impresionada pola simplicidade e o poder do arte africano e desde entón trata de reflectilo na súa obra.

 

En 2002 facendo o Camiño de Santiago, sentiuse en Galicia como na súa casa. O forte espírito dos Celtas e os vagos recordos de Gales fai que deixe o seu país natal e se instale en O Rosal onde os seus ceos azuis e as súas paisaxes seguen inspirando o seu traballo.

 
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones