Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Hoxe luns ás 20.30 h repicarán as campás da Catedral e das igrexas tudense para celebrar a festividade de San Telmo

Os nenos poderán gozar coas propostas radiofónicas de María Fumaça e Mamá Cabra

Os nenos poderán gozar coas propostas radiofónicas de María Fumaça e Mamá Cabra

Fecha: 18 de Abril de 2020

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui está a recibir material de protección tanto das distintas administración coma de persoas voluntarias e empresas que logo distribúe entre os propios servizos municipais, centro de saúde, residencias de maiores, Tui preparase para vivir dende a casa a fin de semana das Festas de San Telmo. Dende o Concello programáronse unha serie de actividades para vivir este #SanTelmoNaCasa. As redes sociais municipais e a participación veciñal son nexo condutor das iniciativas programadas

A música é un dos elementos esenciais en toda festa, e tamén o é nas festas de San Telmo. Por este motivo convidouse a unha serie de músicos a enviar a súa mensaxe nestes festexos. En formato vídeo están a ser compartidos nas redes sociais municipais as mensaxes das Raquel e Sara Areal Martínez, Andrea González e Daniel Pereira, Pancho Álvarez, Samuel Diz, Aloia Martínez, Ángel Sanchez e Antón e Ramón Corral. Durante a fin de semana será a quenda mensaxes institucionais.

Programación infantil
Os nenos e nenas teñen o seu lugar destacado neste San Telmo na Casa. Hoxe mesmo lánzaselles a proposta de crear o seu cabezudo seguindo un vídeo co paso a paso para a súa elaboración. Amais haberá dous programas especiais de radio, a través da Radio Municipal de Tui, que se emitirán o sábado ás 17 h a cargo de María Fumaça, e o domingo ás 17 h con Mamá Cabra, e que se volverán emitir o luns ás 11 h e ás 17 h respectivamente.

Mamá Cabra presenta en formato radiofónico "A fraga do meu avó", o seu máis recente traballo que nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron os nosos avós e as nosas avoas. Gloria Mosquera, voz e creadora de Mamá Cabra, convídanos a pasear xuntas por esa fraga e a coñecer os seus carballos, as súas píntegas e curuxas... Mentres a familia María Fumaça presentará o seu novo disco "O veleiro verde" xunto a outras cancións de anteriores traballos.

Dende o Concello de Tui convídase a nestas xornadas festivas facer de altofalante das festas e colocar a radio no balcón ou ventá para reproducir a "sesión vermú festiva" que a Radio Municipal de Tui emitirá mañá sábado, o domingo e o luns de 12.30 h a 13.30 h. Tamén se convida a colocar a bandeira de Tui en ventás ou fiestras durante a fin de semana.

Haberá tamén outras proposta e sorpresas durante a fin de semana.
O luns de San Telmo repicarán as campás da catedral e das igrexas tudenses

O luns, festivo local en Tui, destaca ás 20.30 h o repique das campás da Catedral e das todas ás igrexas tudenses durante cinco minutos. Dende o Concello quérese agradecer a magnífica acollida que tivo esta proposta tanto por parte do Deán da Catedral, coma dos distintos párrocos tudenses.

Participación veciñal
Estas son unhas festas que viviremos dende a casa pero tamén nas redes sociais. A comezo de semana plantexouse xa que a veciñanza compartise os seus recordos e os seus desexos de futuros para estes festexos. Agora é a quenda de enviar as mensaxes de felicitación co hashtag #SanTelmoNaCasa e etiquetando ao Concello de Tui en Facebook, Twitter e Instagram. Son xa varias a mensaxes que están a ser publicadas por parte de cidadáns anónimos, asociacións, empresas, establecementos, músicos... uníndose a estas festas de San Telmo na Casa.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones