Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Hoxe, mañá e sempre, o Guardés está na loita contra a violencia de xénero

A familia do Mecalia Atlético Guardés conmemora o 25 de novembro coa firme vontade de confrontar esta lacra social

A familia do Mecalia Atlético Guardés conmemora o 25 de novembro coa firme vontade de confrontar esta lacra social

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Noviembre de 2021

Fuente: Mecalia Atl. Guardés

O presente día 25 de novembro reivindícase o Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as mulleres. Todas desexaríamos que esta data non se tivese que levar a cabo, mais é moi necesaria para visibilizar esta epidemia e concienciar da importancia de opoñerse frontalmente e sen ningún matiz fronte a esta lacra social. A violencia estructural contra as mulleres leva cada ano por diante decenas de vidas de víctimas asasinadas e moitas máis con fondas feridas tanto físicas como psicolóxicas derivadas deste mal endémico.

O pasado día 13 de novembro disputouse na Sangriña o encontro entre o Guardés e o Bera Bera de San Sebastián, actual líder da Liga Guerreras Iberdrola e vixente campión. Foi o partido escollido para adicarllo á campaña NON da Xunta de Galicia. Antes do envite, as dúas escadras posaron coas lonas da iniciativa e leuse un manifesto de denuncia contra a violencia de xénero que é aplicable a calqueira día do ano. E así seguirá sendo ata que dunha vez por todas finalice a violencia contra as mulleres polo simple feito de selo.

A vontade do Mecalia Atlético Guardés na loita fronte a este problema é total e absoluta. A violencia de xénero sempre nos terá enfronte, porque tal como di a campaña da Secretaría Xeral pola Igualdade, somos 'haters' da violencia de xénero, contra a que só cabe unha resposta: simplemente NON.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí