Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Hoxe pechan as inscricións para as actividades deportivas de verán organizadas polo Concello de Tomiño

Dados os bos resultados acadados en anos anteriores a Concellaría de Deportes organiza unha vez máis os campus de fútbol, tenis e pádel

Dados os bos resultados acadados en anos anteriores a Concellaría de Deportes organiza unha vez máis os campus de fútbol, tenis e pádel

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

A partir do día 1 de xuño de 2016 está aberta a inscrición nas diferentes disciplinas deportivas, culturais, medio ambientais, etc. organizadas polo Concello durante este verán.

O alto nivel de participación en anos anteriores, sumado á intención do goberno local de axudar a conciliar a vida laboral e familiar, leva ao Concello a ofrecer un bo abano de actividades a prezos realmente módicos.

Segundo o calendario, a primeira das actividades será un Curso de Promoción do Piragüismo destinado a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, e que terá lugar do 28 de xuño ao 8 de setembro, sendo obrigatorio saber nadar. Custe da actividade 15 euros en total.

O mesmo requisito, saber nadar, e ademais ter alo menos 14 anos, é necesario para poder participar na actividade denominada Rutas ambientais de descenso en kayak polo río Miño, que se desenvolverá todos os sábados de xullo e agosto, cun prezo de 5 euros por cada xornada na que se participe.

Dados os bos resultados acadados en anos anteriores a Concellaría de Deportes organiza unha vez máis os campus de fútbol, tenis e pádel.

O primeiro terá lugar entre o 18 e o 30 de xullo e poderán participar nenos e nenas de entre 5 e 16 anos. Prezo da actividade 55 euros. Colaboran Goián F.C. e A.D. Tomiño.

Pola súa banda, os campus de tenis e pádel, desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto, destinados a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos, e tendo un custe mensual de 20 euros por participante.

Outra das actividades que volve a estar na programación de verán é o Campamento Urbano, para nenos e nenas nados entre os anos 2004 e 2011. A actividade terá lugar do 4 ao 29 de xullo en horario de mañá. Custe de 25 euros.

Por último, o programa ofrece tamén clases de Ioga Tibetano, destinado, neste caso, a persoas a partir dos 18 anos de idade. O curso desenvolverase nos meses de xullo, agosto e setembro, cun custe total de 15 euros por participante.

Para máis información e inscricións, é necesario contactar co servizo de mocidade, cultura e deportes, no teléfono 986 622001; pasar pola OMIX (A Rocha, 8) en horario de mañá, ou ben enviar un correo ao enderezo omix@concellotomino.com

 


 
VINDEIROS CURSOS FORMATIVOS "OBRADOIRO PRÁCTICO DE REPARACIÓNS DOMÉSTICAS" Fontanería, carpintería e albanelería para principiantes. A partir de 16 anos e sen límite de idade. Horario: martes e xoves de 20 a 22h na escola obradoiro de Goián.


Duración: 20h Prezo total: 15€ COMEZO EN XUÑO.


Aberto o prazo de inscrición para o curso de MECÁNICA BÁSICA DO AUTOMÓBIL. Aprender a localizar as avarías máis usuais, realizar pequeñas reparacións e efectuar un axeitado mantemento para evitar o desgaste. A partir de 16 anos e sen límite de idade. Horario: de luns a venres de 10 a 14h

Duración: 40h Prezo total: 30€ COMEZO EN XULLO

Este mes de xuño tamén comeza o curso de cociña vegana e vexetariana "COCIÑA EN VERDE" dentro do programa da deputación "Deporruárte". O curso é de balde e ten unha duración total de 25 horas nas que o alumnado asistente poderá adquirir coñecementos, habilidades e destrezas para a elaboración de pratos vexetariano e/ou veganos, aprendendo a diferenza entre ambos e distintas técnicas culinarias.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí