Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

HOXE REMATA A PROGRAMACIÓN DO ENTROIDO DE TOMIÑO CO ENTERRO DA TAÍÑA

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 2 de febreiro

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, confirmou a asistencia das comparsas más importantes da vila, entre as que se atopan Revolución Show, Estrelas da Noite e Luces de Tomiño

Fecha: 18 de Febrero de 2015

Fuente: www.concellotomino.com / Infom

VENRES DE FOLIADA
Ata o vindeiro luns 2 de febreiro permanecerá aberto o prazo para inscribirse no desfile de Entroido de Tomiño "Venres de Foliada", que terá lugar o día 13 do mesmo mes.
O prazo de inscrición abriuse hoxe, 26 de xaneiro, e a media mañá xa había máis de 30 comparsas apuntadas, aínda que so 20 terán dereito a axuda económica, tendo preferencia as do propio municipio.
A XVIII edición do "Venres de Foliada", reunirá en Tomiño, a máis de 1500 compoñentes de máis de vinte comparsas e carrozas participantes. Trátase dun dos desfiles máis multitudinarios da comarca, coa asistencia nos últimos anos de máis de 8000 persoas.

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, confirmou a asistencia das comparsas más importantes da vila, entre as que se atopan Revolución Show, Estrelas da Noite e Luces de Tomiño, así coma doutras procedentes non so do municipio, senón tamén doutros puntos da comarca e do sur de Galicia.

A edila indicou que co fin de que o desfile non se alongue moito, a saída será moi puntual (21.30 horas), desde o colexio Pedro Caselles Beltrán.

En caso de chuvia, a actividade trasladaríase ao venres seguinte á mesma hora.
As bases completas poden consultarse na páxina web do Concello (concellotomino.com) ou ben na Casa do Concello, en horario de 08.00 a 15.00 horas.

ENTROIDO DE GOIÁN
O desfile de Entroido da parroquia de Goián, un dos máis tradicionais da zona, terá lugar os días 15, 16 e 17 de febreiro. A comisión organizadora prepara un amplo programa que comezará o domingo, co desfile dos nenos e nenas (12.00 horas) e xogos na praza principal, e rematará o mércores 18, co Enterro da Taíña (19.00 hs.). Treboadas e orquestras amenizarán as catro xornadas de festa.

A maior particularidade deste Entroido, que comezou a celebrarse a principios do século XX, é que segue conservando o seu carácter netamente popular. Exemplo diso é que a vintena de carrozas e comparsas participantes saen esclusivamente pola vila, sen asistir a outros desfiles. Moi característica é tamén a Carreira de Carretillas con condutor e acompañante (domingo 15, 18 horas), e a sopa de cocido que se toma despois do tradicional desfile do martes.

Completa a celebración de Entroido, o sábado 14, o Festival Taíña, que chega á súa 12ª edición, organizado pola Asociación Xuvenil Taíña en colaboración co Concello.

FESTIVAL TAIÑA

La Asociación Xuvenil Taíña, de Goián, organiza la 12ª edición del festival del mismo nombre, que tendrá lugar el próximo 14 de febrero, en la plaza de la villa.
Aunque todavía falta un mes para la cita, cada vez más consolidada, ya está confirmada la presencia del grupo suizo de música reggae "Elijah". También estará (por 2ª vez) "Collón de Lola", una banda que hace versiones de las canciones del programa televisivo Xabarín Club, y con toda probabilidad, el conjunto de música Ska "Maskarpone", de Ourense, completará el cartel de este entrañable festival, que se hace coincidir con las tradicionales fiestas de Entroido. La presentación de esta 12ª edición del Festival Taíña tendrá lugar el día 30 de enero en el Centro Goianés.
Otra novedad es la edición de un disco con 18 temas de grupos amigos de la asociación, como los argentinos "Pollera Pantalón" e "Hijos del Vinilo"; los brasileros "Reggae A Semente" e "Nova Raíz", y otros procedentes de Chile, Suiza, Barcelona, Madrid, Málaga, Galicia, etc.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones