Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

HOXE SÁBADO CELÉBRASE O II SERÁN CIDADE DE TUI

Está organizado pola Asociación do Traxe Tudense co apoio do Concello de Tui

Fecha: 02 de Febrero de 2013

Fuente: www.concellotui.org

Está organizado pola Asociación do Traxe Tudense co apoio do Concello de Tui
 
Este sábado, 2 de febreiro, a partir das 21h celébrase o II Serán Cidade de Tui organizado pola Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe Tudense. Terá lugar na antiga fábrica de boinas a carón dos pavillóns municipais.

O presidente desta Asociación, Ángel Alonso, acompañado doutros membros deste colectivo, do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o músico Erik Feles presentaron este mediodía este evento no que a música tradicional vai ser a gran protagonista.

Logo da positiva experiencia da primeira edición, na que participaron 21 grupos, volven organizar este Serán no que se darán cita gaiteiros, pandereteiras, grupos de folk... para compartir unhas horas coa música como nexo. Os grupos non teñen que inscribirse previamente, tan só presentarse o sábado no lugar de celebración desta actividade. Cada un deles interpretará tres pezas musicais. Amais ás 23.30h actuará o gaiteiro Erik Feles que vén de presentar o seu novo traballo discográfico titulado "La Batalla". Na parte gastronómica haberá chourizos fritos de balde para os participantes, e callos, chourizos, e chocolate con rosquillas a prezos populares. Tamén venderán rifas a 0,50€ para entrar no sorteo de ceas e ou servizos en establecementos tudenses.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, puña de manifesto a importancia de que se sigan facendo actividades culturais en tempos complicados como este, desexando que o sábado acudan moitas persoas a segundo serán logo da interesante experiencia do ano pasado. O rexedor sinalou amais que "o traxe tradicional de Tui é unha peza fundamental do patrimonio tudense e un dos máis fermosos de Galicia".

Na presentación de hoxe Ángel Alonso avanzou a organización dun curso de gaita e percusión a cargo de Erik Feles que terá lugar os luns ou venres na súa sede en Riomuíños, nun horario a determinar cos alumnado. Os interesados poden inscribirse nos teléfono 659 492 752 e no 627 88 35 45. O obxectivo final desta actividade é poder formar un grupo de gaitas no centro urbano, sumándose así o grupo folclórico que xa ten a asociación.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones