Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

HOXE VENRES CELÉBRASE O TRADICIONAL CONCERTO DE FIN DE ANO EN TUI

Será ás 21h no Teatro Municipal

Fecha: 27 de Diciembre de 2013

Fuente: www.concellotui.org

Hoxe remata a programación cultural de 2013 organizada polo Concello de Tui. O derradeiro acto será o tradicional Concerto de Fin de Ano a cargo de dúas agrupacións locais.

A cita comezará ás 21h no Teatro Municipal de Tui. Abrirá o concerto a Coral da S.I. Catedral, dirixida por Don Agustín Sobral e acompañada ao órgano por Don Ángel Viro Caamaño. Interpretarán entre outras pezas "Oh Blanca Navidad" de Irving Berlin, "Navidad, Navidad" de Leopoldo González, ou "Noche de Dios, Noche de Paz" de Franz Gruber.

Tras un pequeno descanso actuarán de xeito conxunto a Coral da S.I. Catedral e a Banda de Música Popular de Tui con "El tamborilero" e "Adeste Fideles".

E por último os encargados de pechar o concerto serán os músicos da Banda de Música Popular de Tui, baixo a batuta de Adolfo Besada. Comezarán a ritmo do pasodobre "Inquietudes Culturales" de R. Domenech, interpretando tamén pezas de Ferrer Ferrán, Alfred Ree, Wayne Hector, e Morricone. Non faltarán tampouco os valses e polkas da familia Strauss.

As entradas para este evento musical están á venda en www.culturatui.info ata hoxe ás 13h ou se poden adquirir mañá venres dende ás 19.30h ao prezo de 3€ e 2€.

Concerto de Fin de Ano
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Venres, 27 de decembro ás 21h
Entradas á venda en www.culturatui.info ata mañá ás 13h ou se poden adquirir mañá venres dende ás 19.30h

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones