Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

HOXE VENRES FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA NA PRAZA DE SAN FERNANDO DE TUI

Actuarán a partir das 22.30h a Popular de Tui e a Agrupación Musical de Goián

Fecha: 19 de Agosto de 2011

Fuente: www.concellotui.org

 BANDA DE MUSICA POPULAR DE TUI

A praza de San Fernando acolle este venres, 19 de agosto, ás 22.30h, o Festival de Bandas de Música organizado pola Concellería de Cultura de Tui. É unha das citas clásicas do verán que chega a súa vixésimo primeira edición.  Esta ano correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui e da Agrupación Musical de Goián.

 

A Banda de Música Popular de Tui conta na actualidade con sesenta compoñentes cuxa media de idade está entorno aos 20 anos. Esta agrupación afunde as súas raíces en 1881 cando se creou a primeira Banda de Música Popular de Tui. Tivo logo etapas nas que desapareceu ata que 1980 creouse a actual agrupación que ten na Escola de Música e no Conservatorio Municipal unha importante canteira.  A banda tudense ten actuado por toda Galicia, Portugal, Valencia, Asturias, e Bos Aires. Está dirixida por Adolfo Besada.

 

A Agrupación Musical de Goián  está formada na actualidade por 50 músicos con idades dos 8 ao 26 anos de idade. Presentouse oficialmente o público en xuño de 1998 realizando dende entón unha importante actividade con concertos en toda Galicia, Madrid, Valencia e Portugal. No seu curriculum destacan os premios obtidos no Certame Provincial de Bandas de Música cun segundo premio na terceira edición, un primeiro premio na cuarta, e mención de honra na sexta. Contan cun traballo discográfico. Está dirixida por David Pérez Trigo.

 

En caso de choiva celebrarase no Teatro Municipal. Poderanse retirar un máximo de dúas entradas por persoa a partir das dez da noite.

 

Festival de Bandas de Música

Data: Venres, 19 de agosto ás 22.30h

Lugar: na Praza de San Fernando

*En caso de choiva celebrarase no Teatro Municipal
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones