Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

HUMOR, DEPORTE E ROCK AND ROLL NAS ACTIVIDADES DO 30 ANIVERSARIO DO CENTRO SAN XEROME DE A GUARDA

O estímulo engadido que aporta o 30 aniversario, está a facer que se incrementen de xeito notable a organización e participación en actividades diversas

Fecha: 11 de Abril de 2011

Fuente: www.sanxerome.com

O  estímulo engadido que aporta o  “30 aniversario”,    está a  facer que se incrementen de xeito notable a organización e participación en actividades diversas, ademáis das  correpondentes a programación diaria dos  3 sectores de atención: unidades educativas, Centro de dia e  Sector  prelaboral.

 

Neste  fin de semana por exemplo, o   grupo Xerock, fixo a sua reaparición con  novo repertorio, na 1ª xornada Altas aptitudes no Café Cultural Auriense de Ourense. O grupo puxo a venda  unhas orixinais camisetas,  que  se comercializarán nos  concertos e na Tenda Atalaia  a 8 €.

O grupo de teatro Xeratrium, tamén está de estrea.  Na Asociación  Cultural e Social de Herville (Mos)  puxo en escea  a obra “Vias paralelas” coa colaboración   de Xerpo Cultural e a  dirección de Irene Moreira e Alex Sobrino. Inaugurase así  unha xira que levará o grupo a diferentes  localidades, grazas a  participación no  circuito cultural da Deputación de Pontevedra.

 

Tamén estes dias (do 9 ó 16 de abril), 2 usuarios do Centro, participan nunha actividade  incluida no Programa de integración IES A Sangriña – San Xerome.  Nesta ocasión  permanecerán unha semana xunto  con alumnos do IES nunha estación invernal de Andorra  practicando o esquí.

 

O Club deportivo estará presente no Campionato  galego de natación, que terá lugar  o mércores  13 na  Piscina municipal de A Cañiza.  Amparo , Maite, Puri, Carmelo, Carlos e Rosa María  intentarán mellorar  os resultados do pasado ano.

Mentres, os deportistas do Club intensifican a sua preparación para os próximos compromisos, entre os que destaca a participación no Campionato de España de atletismo que terá lugar en Cádiz, o próximo mes de maio.

 

Relacionado con 30 aniversario,  un grupo de  personas  relacionadas co Centro (familias, usuarios, profes…),   coordinados polo especialista Roberto Miranda, estan a preparar o “asalto”  ó teito de Galicia: o ascenso a Pena Trevinca, actividade que terá lugar o sábado 21 de maio.

 

A ANPA, tamén ten  programadas actividades  mensuais  para conmemorar o 30 aniversario. A correspondente a este mes de abril, terá lugar no Auditorio de Goián o domingo 17 de abril  a partir das 6 da tarde. Actuarán os coñecidos humoristas Os Campelos e o grupo musical Orballo de O Rosal. Ese mesmo dia  realizarase o sorteo dunha TV . As rifas estan a venda  no Centro ó prezo de 1 €.

 

Por  último, e de momento, informar que estaremos presentes na carpa do  Mercado Solidario  en Tui, os dias 26 de abril a  2 de maio (San Telmo), e  do 13 ó 15 de maio (Feira de artesanía)

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones