Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

II Festival Xente Xida 2018 Festas do Pilar - O Rosal

O 24 de Xullo na praza do Calvario a partir das 20:30h da noite

O 24 de Xullo na praza do Calvario a partir das 20:30h da noite

Fecha: 24 de Julio de 2018

Fuente: A.C. Xida

Este ano 2018 comeza un movemento sen precedentes polos dereitos e xustiza das mulleres sobre temas que van dende o machismo ata a igualdade, remuneración e a representación en tódolos sectores das mulleres.

Dende a ASOC. CULTURAL XIDA e xunto co CONCELLO DO ROSAL e a súa CONCELLERÍA DE CULTURA queremos aproveitar este impulso a nivel global para amosar a profesionalidade e calidade musical actual na nosa música de raíz facendo un festival cun escenario cen por cen con artistas femininas, artistas multidisciplinares, unha mestura de música e posta en escea que pretende abraiar e divertir a tódolos asistentes.

Máis de vinte grandes artistas pasarán polo escenario o próximo 24 de xullo na praza do Calvario, grandes profesionais todas elas, grandes mulleres exemplo do altísimo nivel musical do noso país que nos recrearán con música para disfrutar, para cantar e sobre todo para bailar.
O grupo de percusión e gaitas da asociación "O Trebón dos Xidos" fará un pasarrúas nos arredores do recinto do festival anunciando o comezo da festa.

E como non, durante toda a noite poderase degustar porco ó espeto, empanada, filloas "á pedra", entre outros pratos, a prezos populares.

Sortearase esa noite unha gaita galega en madeira de Buxo anelada en latón da artesá Patricia Cela, e como novidade este ano tamén agasallos para os asistentes de "Silva percusión" entre moitas sorpresas máis.

Por unha festa grande, unha festa con raíces, por unha festa para tódolos públicos, para tódalas idades, por unha festa orixinal e de calidade, este ano 2018 "II Festival Xente Xida" o 24 de Xullo na praza do Calvario a partir das 20:30 da noite. Este ano unha festa onde as protagonistas serán as mulleres. 

Resumo da traxectoria dos grupos e artistas participantes nesta edición:

TREMELIQUE: Grupo con compoñentes do Baixo Miño que interpretan pezas de recollida e versións de temas tradicionais galegos e raianos. Participantes en numerosos festivais pola xeografía galega No 2016 estiveron no programa Luar da TVG e hoxe en día están de estrea coa gravación da súa primeira maqueta e dun videoclip.

ÁUREAS: Gañadoras dos premios Martín Códax da música galega no 2017. Áureas é un conxunto que mestura catro nacionalidades imitando a estética dos anos 20 no que ventos, cordas, voces e batería interpretan os ritmos bailables de moda nos comezos do século pasado.

HABELAS HAINAS: Participantes en inumerables concertos e nos máis importantes festivais por toda Galicia. O seu punto de partida é a música tradicional e de raíz, sempre dende unha ollada feminista e plural. Isto lévaas a explorar outras músicas, crear os seus propios temas e experimentar coa tradición. Presentan o seu novo disco "Livres e loucas".

MARAGHOTAS: Participantes de diversos festivais nacionais e internacionais de música folk. Terceiro e cuarto premio en distintos anos no concurso de cuartetos tradicionais de Ponteareas. Gaitas, voz, percusións, clarinete... Non cren en fronteiras, e por iso mesturan ritmos, timbres e texturas ó tempo que parten de melodías de tradición.

MEIGA MARILUCHA: Maria Viso ofrece unha dramatización da tradicional " Queimada " galega co seu estilo propio, espectáculo de tradición e lume interpretado con mistura de humor e terror para rematar coa degustación do máxico brebaxe.

 
II FESTIVAL XENTE XIDA - 24 JUL 2018.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí