Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

II Xornada Inclusiva no CEIP Plurilingüe número 1 de Tui

A inauguración das mesmas realizáronna o Xefe Territorial da provincia de Pontevedra, César A. Pérez Ares, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González.

A inauguración das mesmas realizáronna o Xefe Territorial da provincia de Pontevedra, César A. Pérez Ares, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González.

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Junio de 2021

Fuente: Del. Terr. Xunta en Pontevedra

O pasado martes 15 de xuño, no CEIP PLURILINGÜE NÚMERO 1 DE TUI tivo lugar as II Xornada Inclusiva. A inauguración das mesmas realizáronna o Xefe Territorial da provincia de Pontevedra, César A. Pérez Ares, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González.
Nesta ocasión acompañáronnos diversos expertos e expertas, tanto do ámbito da práctica educativa coma do ámbito teórico, aportando experiencias e boas prácticas educativas inclusivas e sustentándoas coa base teórica que permite entender a súa necesidade.

En concreto, colaboraron de xeito altruísta a asesora do CFR de Vigo e experta na aprendizaxe cooperativa, Carmen Vaz, Rafael Pérez de Lis, experto en Prácticas Restaurativas, e formador no centro neste senso; o profesor de Teoría da Educación da Universidade de Málaga, investigador da diversidade e dos procesos de exclusión e inclusión educativa, Ignacio Calderón; a experta en innovación educativa inclusiva e Deseño Universal da Aprendizaxe, Coral Elizondo e o profesor de Historia do IES San Paio, Miguel Abraira.

Nestas ponencias puidemos escoitar a importancia de recoñecer a inclusión coma un dereito, dereito a que poidan aprender xuntos alumnado diferente, salientando os seus talentos e achegando estratexias que lles permitan superar as súas debilidades; a necesidade da colaboración, non só do alumnado, senón entre o propio profesorado creando unha verdadeira cultura colaborativa; a potencialidade da aprendizaxe cooperativa coma un fin en sí mesma e coma medio para acadar unha verdadeira convivencia inclusiva; a importancia de implicar nesta convivencia e os procesos que nela existen á comunidade educativa, facendoos partícipes e conseguindo así unha convivencia positiva, baseada no respecto mutuo, a comprensión e a responsabilidade da comunidade.


Estas xornadas, ao igual ca o ano pasado, estiveron abertas a toda a comunidade educativa, participando nas mesmas familias, docentes de diversas etapas e especialidades, membros de servizos sociais e da corporación municipal... Dadas as circunstancias actuais, nesta ocasión, facilitouse tanto a asistencia presencial con aforo limitado, coma a participación de xeito telemático. Tamén participou o alumnado de 6º curso de educación primaria como mestres de ceremonias.


Dende o centro queremos agradecer a presenza e participación nestas xornadas de todas as persoas que as fixeron posibles.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí