Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

In Memoriam Benito Pousa

As e os socialistas de Tomiño estamos rotos de dor e abrazamos a súa familia con todo o noso agarimo.

As e os socialistas de Tomiño estamos rotos de dor e abrazamos a súa familia con todo o noso agarimo.

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Junio de 2022

Fuente: Socialistas de Oia

In Memoriam

 

Compañeiro, amigo, confidente, mestre...

Difícil atopar as verbas axeitadas cando os sentimentos non as deixan fluír.

Foste un dos fundadores da Agrupación de Tomiño, que hoxe, coa túa partida queda máis orfa. Socialista de RAZA, que te emocionabas cada vez que soaba o himno do teu querido PSOE, traballador incansable a prol do ben común e fero loitador contra as inxustizas sociais.

Concelleiro de educación no primeiro mandato da democracia en Tomiño, e é de xustiza lembrar e poñer en valor que foste ti, quen impulsou e puxo en marcha a educación infantil de 3 a 6 anos en todas as parroquias do noso Concello.

Ex traballador de Barreras e como non, sindicalista activo e comprometido da UXT.

Fundador da Asociación de Pescadores do Baixo Miño, porque xunto ao socialismo, a túa outra gran paixón foi o Pai Miño. Defendeste e loitaste coma ninguén pola supervivencia das artes de pesca tradicionais  no noso río, que tan vital foi para moitas familias...

Benito Pousa, eres dos que loitan toda a vida, eres un imprescindible. Eres alegría, eres xenerosidade, eres constancia eres entusiasmo, eres traballo... Pero por riba de todo eres LEALDADE con maiúsculas , leal ás persoas, ó partido, a ti mesmo e ós teus principios. Debémoste moito e levarémoste sempre no noso corazón.

As e os socialistas de Tomiño estamos rotos de dor e abrazamos a súa familia con todo o noso agarimo.

Que a terra te sexa leve.

 

Socialistas de TOMIÑO

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí