Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A asociación de Muiñeiros do río Tripes traballa para restaurar o Muíño do Mañoco(Tui), o máis antigo do Tripes

Logrou un acordo de cesión de uso por parte da Fundación Félix Rodríguez

O Muíño do Mañoco ten máis de setecentos anos, xa que a primeira noticia coñecida da súa existencia data de 1371

Fecha: 03 de Junio de 2020

Fuente: Asoc. Muiñeiros Río Tripes

A Asociación Muiñeiros do río Tripes está a traballar para lograr a restauración do Muíño do Mañoco o máis antigo dos existentes no río Tripes. A comezos de ano a Asociación Muiñeiros do Río Tripes asinou un acordo coa Fundación Félix Rodríguez para a cesión de uso dunha parcela de 1.400 m2 na rúa Martínez Padín, onde se atopa este muíño. Dende a Asociación amosan o seu agradecemento por esta cesión á Fundación.

O Muíño do Mañoco ten máis de setecentos anos, xa que a primeira noticia coñecida da súa existencia data de 1371. É o que pechaba o ciclo das augas do seu leito, con orixe no Monte Aloia.

Trátase dun edificio rectangular realizado con perpiaño e cachotes, cuberto cun tellado a dúas augas, con dúas bocas para alimentar ás dúas rodas que posuía. O muíño ten numerosos signos lapidarios, principalmente cruces, nas súas paredes. Na actualidade o estado de conservación é bastante aceptable estruturalmente, aínda que con ausencia do tellado.. A súa importancia histórica e representatividade dentro do ámbito de arquitectura popular está fora de toda dúbida. É por iso a Asociación de Muiñeiros de Tripes celebra e agradece o acordo acadado cos seus titulares, a Fundación Félix Rodríguez.

A Asociación, cunha ampla traxectoria na recuperación deste patrimonio cultural no entorno do río Tripes, agarda contar coa axuda doutros organismos e institucións co fin de impulsar a restauración e posta en valor deste muíño. A súa restauración, é o obxectivo deste acordo. Ao ser o muíño máis próximo a cidade servirá como exposición. O acceso ao muíño efectúase a través dun paso inferior da rúa Martínez Padín ao que se accede desde a praza de Manuel Caramés, en pleno Camiño de Santiago Portugués. Para iniciar esta restauración, a Asociación solicitou a comezos de ano unha subvención a Xunta de Galicia, a través das axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño Santiago, que a data de hoxe aínda esta sen resolver.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí